· Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez, participantes no Trail da Filloa de Zas
· Gran imaxe de Sindo González na Carreira do Calvario de Vigo
· Miguel Ángel Barral, representante da Esedé en Ibiza
Pasou outra fin de semana e con ela tres probas en que as cores da SD Compostela Atletismo estiveron ben representadas polos seus comprometidos atletas. Zas, Vigo e Ibiza foron as tres localizacións nas que se puideron ver aos nosos dando todo de si e gozando, en diferentes distancias e disciplinas deportivas, dos beneficios do atletismo e do deporte ao aire libre.
Atopámonos en temporada trails e algúns dos nosos non quixeron perder a cita do trail da Filloa de Zas. Na distancia curta dos 17 quilómetros estiveron Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez. Logo de dúas horas de carreira, en que subiron ao Pico de Montebrondo, Alto do Monte e Paso da Devesa, e cun desnivel positivo final de máis de 800 metros, Antonio chegou nun tempo de 2:09:11 (49M) e Lucía en 2:19:06 (9F) e foi premiada como 3ª Veterana.
Sindo González, participou da proba curta dos 5 quilómetros no tradicional ‘Carreira do Calvario de Vigo’. O noso atleta atravesou a liña de meta entre os 10 corredores máis rápidos da proba, nun tempo de 17:50 como 9ª da xeral e 5º da categoría Máster2.
En Ibiza tamén se viu o escudo da Esedé coa magnífica representación de Miguel Ángel Barral Puga nos 5K de Platja d’en Bossa, cun tempo final de 16:00 (6M) e premiado como 1º da categoría VET35.
A vindeira fin de semana terá lugar unha das citas destacadas no calendario; o Campionato de Galicia de Campo a través de idade escolar, así como o Campionato Nacional de Pista Cuberta Máster en Antequera e diversas probas populares en Lalín, Camariñas e Narón.
Crónica Novembro 15/16 CorreSan, Vigo e máis
🏃♂️ Crónica da fin de semana: Corresan, Media Maratón de Vigo, pista… e moita Esedé en acción 🏃♀️ Unha...
Crónica Novembro 8/9 Ourense, Monterroso e máis
🏃♀️ Crónica da fin de semana – 8 e 9 de novembro 🏃♂️ Unha fin de semana chea de participación, esforzo e...
Crónica Novembro 01/02 O Barco, Negreira e máis
💙 Fin de semana de ouro para a familia branquiazul A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana...




0 comentarios