Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Febreiro 25/26 Trail da Filloa e máis

por | Feb 28, 2023

· Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez, participantes no Trail da Filloa de Zas

· Gran imaxe de Sindo González na Carreira do Calvario de Vigo

· Miguel Ángel Barral, representante da Esedé en Ibiza

Pasou outra fin de semana e con ela tres probas en que as cores da SD Compostela Atletismo estiveron ben representadas polos seus comprometidos atletas. Zas, Vigo e Ibiza foron as tres localizacións nas que se puideron ver aos nosos dando todo de si e gozando, en diferentes distancias e disciplinas deportivas, dos beneficios do atletismo e do deporte ao aire libre.

Atopámonos en temporada trails e algúns dos nosos non quixeron perder a cita do trail da Filloa de Zas. Na distancia curta dos 17 quilómetros estiveron Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez. Logo de dúas horas de carreira, en que subiron ao Pico de Montebrondo, Alto do Monte e Paso da Devesa, e cun desnivel positivo final de máis de 800 metros, Antonio chegou nun tempo de 2:09:11 (49M) e Lucía en 2:19:06 (9F) e foi premiada como 3ª Veterana.

Sindo González, participou da proba curta dos 5 quilómetros no tradicional ‘Carreira do Calvario de Vigo’. O noso atleta atravesou a liña de meta entre os 10 corredores máis rápidos da proba, nun tempo de 17:50 como 9ª da xeral e 5º da categoría Máster2.

En Ibiza tamén se viu o escudo da Esedé coa magnífica representación de Miguel Ángel Barral Puga nos 5K de Platja d’en Bossa, cun tempo final de 16:00 (6M) e premiado como 1º da categoría VET35.

A vindeira fin de semana terá lugar unha das citas destacadas no calendario; o Campionato de Galicia de Campo a través de idade escolar, así como o Campionato Nacional de Pista Cuberta Máster en Antequera e diversas probas populares en Lalín, Camariñas e Narón.

 

No se encontraron resultados

La página solicitada no pudo encontrarse. Trate de perfeccionar su búsqueda o utilice la navegación para localizar la entrada.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Marzo 11/12 Laredo, San Silvestre e máis

Crónica Marzo 11/12 Laredo, San Silvestre e máis

A chuvia foi compañeira dos atletas da SD Compostela Atletismo nesta fin de semana deportiva. A representación da Esedé foi destacable tanto na cita local da San Silvestre de Santiago de Compostela como na 10k Villa de Laredo. Dous dos nosos atletas máis novos, Paula...

Crónica Marzo 4/5 Camariñas, Lalín e máis

Crónica Marzo 4/5 Camariñas, Lalín e máis

A primeira das grandes citas da fin de semana tivo lugar na Pobra co Campionato de Galicia XOGADE de Campo a través para atleta en idade escolar, que reuniu aos mellores equipos e atletas clasificados a nivel individual de Galicia nesta disciplina deportiva. Paula...