Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Febreiro 25/26 Trail da Filloa e máis

por | Feb 28, 2023

· Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez, participantes no Trail da Filloa de Zas

· Gran imaxe de Sindo González na Carreira do Calvario de Vigo

· Miguel Ángel Barral, representante da Esedé en Ibiza

Pasou outra fin de semana e con ela tres probas en que as cores da SD Compostela Atletismo estiveron ben representadas polos seus comprometidos atletas. Zas, Vigo e Ibiza foron as tres localizacións nas que se puideron ver aos nosos dando todo de si e gozando, en diferentes distancias e disciplinas deportivas, dos beneficios do atletismo e do deporte ao aire libre.

Atopámonos en temporada trails e algúns dos nosos non quixeron perder a cita do trail da Filloa de Zas. Na distancia curta dos 17 quilómetros estiveron Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez. Logo de dúas horas de carreira, en que subiron ao Pico de Montebrondo, Alto do Monte e Paso da Devesa, e cun desnivel positivo final de máis de 800 metros, Antonio chegou nun tempo de 2:09:11 (49M) e Lucía en 2:19:06 (9F) e foi premiada como 3ª Veterana.

Sindo González, participou da proba curta dos 5 quilómetros no tradicional ‘Carreira do Calvario de Vigo’. O noso atleta atravesou a liña de meta entre os 10 corredores máis rápidos da proba, nun tempo de 17:50 como 9ª da xeral e 5º da categoría Máster2.

En Ibiza tamén se viu o escudo da Esedé coa magnífica representación de Miguel Ángel Barral Puga nos 5K de Platja d’en Bossa, cun tempo final de 16:00 (6M) e premiado como 1º da categoría VET35.

A vindeira fin de semana terá lugar unha das citas destacadas no calendario; o Campionato de Galicia de Campo a través de idade escolar, así como o Campionato Nacional de Pista Cuberta Máster en Antequera e diversas probas populares en Lalín, Camariñas e Narón.

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Novembro 01/02 O Barco, Negreira e máis

Crónica Novembro 01/02 O Barco, Negreira e máis

💙 Fin de semana de ouro para a familia branquiazul A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana intensa e chea de éxitos en diferentes frontes, desde o Campionato Xunta de Galicia de 5K ata a Clásica de Negreira, pasando polo trail, o cross e as carreiras...

Crónica Outubro 25/26 Compostela, Valencia e máis

Crónica Outubro 25/26 Compostela, Valencia e máis

🏃‍♂️ XLVI Carreira Pedestre Popular de Santiago A proba máis emblemática do calendario compostelán volveu reunir a miles de corredores e corredoras polas rúas da capital galega, e a familia Esedé non faltou á cita, deixando unha gran pegada tanto en participación como...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *