Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica febreiro 22/23 Trail Ribeiras do Tambre e Maratón de Sevilla

por | Feb 26, 2025

Do Trail de Ames á maratón de Sevilla.

Despedimos outro fin de semana deportivo con selo compostelanista. No último fin de semana de Febreiro concurriron dous citas deportivas importantes para os atletas do noso club, tanto para os amantes das carreiras de montaña como para os apaixoados das longas distancias.
A primeira delas tivo lugar moi preto da nosa cidade. O trail Ribeiras do Tambre, celebou a súa sexta edición este domingo e entre os máis de seiscentos participantes, foron varios os atletas compostelanistas que quixeron participar da xa tradicional proba polos sendeiros a pé de río polo Concello de Ames con meta no Real Aeroclub.

Ademais do Trail curto, de 8 quilómetros, e do Trail longo, cunha distancia de 16 quilómetros, a cita deportiva acolleu o I Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Preclassic, no que puidemos celebrar o terceiro posto absoluto da nosa Julia Salvado; o cuarto posto, e primeiro Sub16 da nosa Lucía Taboada e o cuarto posto Sub20 de Alba Buján. Aos éxitos das nosas atletas femininas no Campionato Galego, sumáronse as premiacións de Roberto Salvado e Loly Gómez na categoría VET3. Completaron a participación branquiazul en Ames Roi García e Fernando Sesar.

 

Pero non foi o único trail do domingo, en Carnota, tivemos representando ao club a Luis Miguez, no X Trail Vikingo.

A cidade de Sevilla acolleu a proba raíña da longa distancia. A maratón da capital hispalense contou coa presenza de dous dos nosos atletas: Xosé Antón Barreiro e Joaquín Sangiovanni, ambos con abraiantes tempos, ¡parando o crono por debaixo das 3 horas!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *