XL Carreira Pedestre Popular Andar e Correr – Baiona
A pasada fin de semana a representación da SD Compostela Atletismo estivo centrada en Baiona, onde se disputou a cuadragésima edición da Carreira Pedestre Popular Andar e Correr.
A proba, cunha distancia de 10 quilómetros, deu comezo ás 10:00 horas e contou cun gran ambiente atlético polas rúas da vila.
O noso atleta Alejandro Montero volveu demostrar o seu excelente estado de forma, acadando a 6ª posición da xeral e subindo ao podio como 2º da súa categoría (SBM – Sénior B Masculina), cun rexistro de 34’22’’.
Unha actuación de moito mérito nunha carreira con tradición e nivel competitivo, que deixa claro que, a pesar do parón vacacional, seguimos presentes nas citas máis destacadas do calendario galego.





0 comentarios