Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Agosto 23/24 Negreira, Ribeira e máis

por | Ago 27, 2025

Foi unha fin de semana intensa para a familia da SD Compostela Atletismo, con competicións preto da casa e tamén lonxe, sempre coa ilusión e entrega que nos caracteriza.

Carreira do Románico – Negreira
Moi preto da casa disputouse a primeira edición da Carreira do Románico, onde tivemos unha ampla participación e grandes resultados. A gran protagonista foi Andrea Cores, vencedora absoluta da carreira, demostrando a súa enorme forma. Ademais:

  • José Suárez Leis, 4º absoluto

  • Leo Gándara, 8º da súa categoría e 9º na xeral

  • Laureano Varela, 14º da súa categoría e 15º na xeral

  • Martina, 1ª Sub16 e tamén 1ª Sub14

  • Daniela, 2ª Alevín

  • Xeila, 5ª Benxamín

  • Marta, 7ª Benxamín

Un día no que a Esedé estivo no podio en practicamente todas as categorías.

XIII Cross Solidario Villa de Figueras (Asturias)
Unha proba con carácter solidario a favor da loita contra o cancro, na que a nosa Marta Fernández brillou cunha gran actuación:

  • 5ª absoluta

  • 1ª senior feminina

Carreira do Demo – Ribeira
Outro dos escenarios da fin de semana foi Ribeira, onde:

  • Javier Cepeda acadou a vitoria na súa categoría (D), cun tempo de 26:58

  • Tamén participou José Antonio Bernardez, deixando o listón alto para o club.

Nigrán
O sábado, Alejandro Montero volveu demostrar a súa gran forma:

  • 4º da clasificación xeral

  • 2º na súa categoría

Unha fin de semana completa, con esforzo, ilusión e podios en cada carreira. Seguimos sumando quilómetros e experiencias en cada dorsal.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Xullo 2026

Crónica Xullo 2026

🩵🤍 Xullo, un mes cheo de competicións para a SD Compostela Atletismo O mes de xullo non deu tregua e os atletas da SD Compostela Atletismo seguiron levando as nosas cores por diferentes puntos de Galicia. Ruta, trail, carreiras nocturnas, categorías base e moitos...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *