Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Abril 8/9 Padrón, Portomarín e máis

por | Abr 11, 2023

Ademais de triunfar no monte da Curota, os atletas da SD Compostela Atletismo tamén destacaron, e moito, nas probas disputadas no asfalto galego.

A Carreira da Pascua de Padrón foi outra das citas deportivas en que os composteláns brillaron con luz propia. Martina López impúxose como a corredora feminina máis veloz cun tempo de 57:08, seguida de María Tarrío (57:34) que foi 3a absoluta. No cadro masculino, tivemos a Xosé Antón Barreiro (26M) con premiacion como 3 Master2 e a Jesús Barral (53, 5 Master3). Iago Mateos regresou da vila do Barbanza coa medalla de prata Sub16. En Sub14 tivemos a Lucía Taboada, e a Carmen Carracedo en Sub12. Entre os atletas máis cativos na proba Sub10 estiveron: Xian Martínez, Xan Vilas e Adrián Mayo.

Tamén na Carreira das Praias celebrada en Barreiros (Lugo) Julia Salvado e Marcelo Lanza portaron a camisola branquiazul. Logo de cruzar os areais de Arealonga e Altar, a nosa Julia acadou o título de vencedora da categoría Sub23 e Marcelo o 4 posto MasterB.

Nas terras lucenses de Portomarín, Elena Veres foi gañadora da Carreira da Augardente con 7,3 quilómetros de percorrido polo Monte do Cristo con saída e chegada na praza do Camiño.

Iago Mateos amosouse intratable na cita deportiva celebrada no Concello de Narón levando o título Sub16 mentres que Lois Abel Meijome disfrutou da proba Sub12.

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Agosto 2026

Crónica Agosto 2026

Un mes de competición, podios e moita presenza do club Agosto chegou cargado de carreiras e, unha vez máis, o noso club deixou pegada por boa parte da xeografía galega. Desde probas populares ata campionatos autonómicos, pasando por millas, croses, trails e carreiras...

Crónica Xullo 2026

Crónica Xullo 2026

🩵🤍 Xullo, un mes cheo de competicións para a SD Compostela Atletismo O mes de xullo non deu tregua e os atletas da SD Compostela Atletismo seguiron levando as nosas cores por diferentes puntos de Galicia. Ruta, trail, carreiras nocturnas, categorías base e moitos...