Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica marzo 1/2 Trazo e Antequera

por | Mar 6, 2025

Entroido en Trazo e Campionato de España Máster de Pista Cubierta.

O ‘Trillazo’ en pleno Entroido baixo o lema “A Carreira do Entroido” tiña todos os ingredientes para ser unha das citas deportivas e lúdicas destacadas da xornada para a nosa entidade. Tivemos representación compostelanistas en Trazo, tanto de adultos como de cativos; con disfraces ou coa vestimenta do club, todos e todas participaron da proba deportiva característica polo seu duro perfil, con fortes baixadas no seu inicio e unha prominente costa arriba cara o final. Martina López foi a primera atleta da Esedé en cruzar a línea de meta e segunda Sub16. Canda ela: Claudia Castro, Jorge Castro, Daniela Maceiras e Lucía Castro completaron a participación na proba Adulta en Trazo.

En Antequera, Málaga, celebrouse o Campionato de España Máster de Pista Cuberta ou Short Track, onde tivemos representación na proba dos 3.000 metros con José Carlos Ferreira.

José Carlos acadou un máis que meritorio noveno posto nunha proba moi competitiva que xa requería unhas marcas mínimas esixentes para a participación. Esta foi unha experiencia enriquecedora para o atleta da nosa entidade xa que, máis alá do resultado, José Carlos demostrou o seu compromiso co atletismo, a sua constancia e a sua paixón por este deporte. A fin de semana en Antequera non so foi unha oportunidade de competir ao máis alto nivel, tamén de compartir momentos con grandes amigos e coñecer a novas persoas dentro do mundo do atletismo máster. Coa súa participación nesta proba nacional, contribuíu a que o escudo da Esedé este presente nas probas de máis alto nivel de atletismo máster de España. Dende o club estamos orgullosos do seu desempeño e da sua entrega en cada competición.

E este domingo volvemos a outro campionato de España, esta vez de 10k en Bilbao. Seguimos sumando, seguimos disfrutando e seguimos avanzando.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.