Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xuño 17/18 Os21 do Camiño, campionato de España, Carnota e máis

por | Jun 20, 2023

Ata Puerto de la Cruz (Tenerife) desprazáronse tres compoñentes da SD Compostela Atletismo buscando facerse con título de campións de España de 5K en ruta por categorías. Amador Pena situouse entre os máis veloces da proba e acadou a medalla de bronce na categoría M40 cun tempo de 16:06, quedándose a 3’ da prata. A única representante feminina da Esedé en Puerto de la Cruz, Vicky González, foi segunda F50 parando o crono en 21:06. Juan Carlos Casal, nunha igualada categoría M45, foi 8 cun tempo de 17:48.

Unha das citas máis agardadas do mes de Xuño tivo lugar este sábado. A media maratón que une as vilas de Palas de Rei e Melide polo Camiño De Santiago; “Os 21 do camiño”, probou aos nosos atletas polos sendeiros de terra, asfalto e de gran desnivel. Elena Veres (F5) foi a primeira en chegar á meta, seguida de María Tarrío (F9), Joaquín Sangiovanni (M225), Antonio Carneiro (M226), Nuria Mejuto (F23) e Lara Salgado (F28).
Na proba curta dos 6 quilómetros tivemos ao noso Iván Abeledo (M16).

A familia Botana; Juan Luis, Laura e Antía, e Antonio Carneiro foron os representantes da SD Compostela Atletismo en Carnota, nas probas absolutas de 10 e 3 quilómetros na sexta cita do circuíto Correndo pola Costa da Morte. Iago Mateos participou da carreira Sub16 na que obtivo a 3a posición. En Carnota tamén estiveron Iago Fernández (Sub16) e Lucía Taboada (Sub14).

Segunda posición para o noso Sindo Gonzalez en Bueu, na fermosa cita Cross Cabo Udra, na que tamén estivo a nosa María Maroñas. Nos montes de Vila de Cruces, Silvia Fernández conseguiu un gran terceiro posto Master e, en Ribeira, na carreira 5K de El Canario-Homenaxe a José Nespereira, tivemos a Pablo Fernández.

O domingo pola mañá os nosos atletas foron ata a ría de O Burgo para participar na cita de 6 quilómetros de distancia. As cores azuis e brancas fixéronse notar de maneira significativa con José Sandá (5 – 1 Master2), Cristian Danis (12), Manuel Castiñeiras (21), Marcos López (35), Lucía Rodríguez, (8-3 Master2), Iván Solís (61), Nuria Mejuto (22), María Tarrío (23), Laureano Varela (123) e Malena Amigo (53).

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.