Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica marzo 8/9 Bilbao, Arzúa e máis

por | Mar 13, 2025

As cores da Esedé relucen no Campionato de España celebrado en Bilbao e en diversos puntos da xeografía galega.

O Campionato de España 10K en ruta celebrado en Bilbao, foi tamén a estrea dunha nova unión para a nosa entidade cunha empresa patrocinadora. Evelb convírtese nun novo compañeiro para as vindeiras temporadas e xunto a el percorreremos máis quilómetros e cruzaremos novas metas.

A primeira delas tivo lugar en Bilbao, no Campionato que se desenvolveu conxuntamente coa I edición da proba popular «10k Bilbao» e cunha temperatura elevada para a época do ano na cidade bilbaína. Con todo, os nosos atletas desprazados á capital do País Vasco; Manuel Sobral, Emilio García, Javier Cepeda, Manuel Castiñeiras e Carmen del Río, acadaron grandes resultados a nivel individual na competición nacional que encumbrou aos mellores de España na distancia. Con eles estivo Nuria Mejuto parttcipando na proba popular.

En terras galegas, tivemos representación en diferentes probas da nosa xeografía. Camariñas foi porta de entrada a unha nova edición do Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte. Alí tivemos a Iago Mateos levando a vitoria na proba Sub18; a Carmen Otero e Andrea Cores como segunda e terceira da proba 3K e a Fran Pais como segundo no 10K. Canda eles, tamén Toñito Pardiñas, David Martínez e Matías Benito. Entre os atletas da nosa escola deportiva; a nosa Xeila Mateos impúxose na proba Sub10.

Dende Melide ata Arzúa, na I Carreira Terra do Queixo o protagonismo da SD Compostela Atletismo foi notable. Á vitoria no cadro feminino de Tina Fernández sumouse o segundo posto para Elena Veres e o cuarto de María Tarrío; mentres que o noso Alberto Mariño foi sexto xeral masculino. Os resultados de Nando Sesar, Antonio Touron e Jesús Barral tamén foron determinantes para que o noso club acadase o segundo posto por equipos.

Xosé Antón Barreiro e Sindo González, que volvía ao asfalto logo dunha intervención quirúrxica hai uns meses, foron os dous corredores compostelanistas que participaron na Carreira de Teis na modalidade 10K e 5K, respectivamente, incluida no Circuito Run Run Vigo.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *