Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

Visita a súa web

Ambulancias do Nordés SL é unha empresa creada no ano 2014, froito da fusión de varias empresas de ambulancias da zona de Santiago que viñan prestando servizos desde 1991. Os servizos que presta Ambulancias do Nordés SL son:

  • Asistencia a eventos deportivos (carreiras pedestres, rutas BTT, Trail, rutas ciclistas, Triatlón, Duatlón, probas acuáticas, Andainas, Motocross, Autocross, Rally…….)
  • Asistencia a eventos musicais (concertos…) e festas populares (romarías, bailes…)
  • Traslados terrestres de enfermos e accidentados en todo o territorio español e no resto da Unión Europea (UE).Estamos certificados con ISO 9001 e UNE 179002. A nosa empresa conta con persoal cualificado con titulación TES (Técnico en Emerxencias Sanitarias) para cubrir calquera evento. Temos bases en Santiago, Touro, Arzúa, Melide Teixeiro, Ordes, Sobrado. Cubrimos servizos en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Contamos con ambulancias tipo A1 (convencional), tipo A2 (transporte colectivo), tipo B (soporte vital básico) e tipo C (soporte vital avanzado, medicalizadas) e contamos con persoal médico e de enfermaría.Elaboramos orzamentos personalizados en función do evento para celebrarase, o tipo de ambulancia contratada e a duración do evento. Estaremos encantados de poder ofrecerche un orzamento que se adapte ás túas posibilidades e expectativas.

Base Santiago: Costa St. Isabel 13, Baixo. 15705  Santiago – A Coruña
Base Touro: A Toxa 18, Quirón. 15822  Touro.

–    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –

Disponibles 24 horas al día, todos los días del año
El mejor equipo disponible para ayudarle

–    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –

652 395 678
626 488 856

–    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –    –

ambulanciasdonordes.com
administracion@ambulanciasdonordes.com

O SD COMPOSTELA Atletismo

Agradece a: Ambulancias Nordés a súa colaboración