A Clínica de Podoloxía Galastur está especializada na prevención, diagnóstico e tratamento de afeccións e deformidades do pé. Sandra Peiteado Boado, licenciada en Podoloxía pola Escola Universitaria de Ferrol e experta en Patoloxía e Ortopedia do Membro Inferior, e Pablo Rodríguez Esteban, licenciado en Podoloxía pola Escola Universitaria de Ferrol, ofrecerán a todos os seus pacientes un tratamento individualizado, adaptándose a cada paciente e ás súas necesidades. . .
Na Clínica de Podoloxía Galastur nunca os teus pés estiveron tan preto das boas mans. Para a súa comodidade tamén contamos con atención a domicilio