Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Evelb Técnicas

por | Jun 11, 2025

  1. Para comenzar, contádenos un pouco sobre a vosa empresa. Que servizos ofrecedes? Queremos que os nosos seguidores coñezan mellor quen sodes eo que vos diferencia no mercado.

Somos unha empresa afincada en Milladoiro, especializada en solucións tecnolóxicas, mantemento informático e servizos innovadores para empresas e administracións. Gústanos facer as cousas ben, con dedicación e atención, e volcámonos en cada proxecto como si fora noso. Coidamos os detalles e cremos na cercanía, porque para nós cada cliente é parte do noso equipo.

  1. ¿Qute motivou apoiar ao SD Compostela Atletismo? O apoio ao deporte local éfundamental. ¿Que vos levou a apostar polo noso club? ¿Algún vínculo especial co atletismo ou o deporte en xeral?

Para nós, a práctica deportiva é fundamental para avanzar cara unha sociedade máis activa e cuns coñecementos máis profundos sobre a importancia de adquirir hábitos de vida e de ocio saudables.

Pero ademáis diso, apoiar ao deporte local é un orgullo porque é unha maneira de contribuir a crear comunidade e impulsar o deporte na cidade de Santiago de Compostela e arredores.

E moi especialmente o atletismo, unha disciplina que simboliza o esforzo, a superación e o respeto por enriba da competitividade, e que une a maiores e cativos en probas deportivas cada fin de semana enchendo as rúas e as pistas de ledicia, entusiasmo e grandes exemplos deportivos.

  1. ¿Quvalores compartidesconoso equipo? No noso club promovemos o esforzo, a superación e o compañeirismo. ¿En qué medida a súa empresa se identifica con estos principios?

Identificámonos cos valores de esforzo constante, superación de retos e traballo  en equipo que, tanto no mundo do atletismo como no mundo tecnolóxico, configuran a base para que cada proxecto saia adiante.

Como si dunha carreira se tratara, nos proxectos tecnolóxicos a disciplina, o compromiso e a capacidade de superación son a clave para chegar á meta e obter os mellores resultados posibles.

Ademais, outro dos valores que compartimos coa SD Compostela Atletismo é manter unha visión de futuro e confiar nun proxecto de formación para os seus atletas de base, compartindo coñecementos e celebrando cada paso das súas escolas deportivas.

  1. Moitos dos nosos atletas queren apoiar ás empresas que nos patrocinan. Como podenfacelo? ¿Ofrecédeslles algún servicio especial, descontos ou recomendacións? Queremos que a nosa comunidade vos coñeza de preto.

Estamos á disposición dos atletas do club que queiran coñecer os nosos servizos  no eido tecnolóxico ofrecendo solucións a medida en software, hardware, desarrollo web e marketing digital.

Se algo nos caracteriza é que nos adaptamos en cada momento ás necesidades específicas de cada empresa e cliente, brindando asesoramento e acompañamento de principio a fin.

Contamos cun equipo multidisciplinar preparado para dar resposta a calquera reto tecnolóxico, desde a implantación de sistemas informáticos ata a creación de estratexias dixitais personalizadas. Traballamos con compromiso, proximidade e innovación para garantir os mellores resultados.

Estamos á vosa disposición para calquera consulta ou para axudarvos a dar o seguinte paso na dixitalización do voso proxecto.

  1. Para rematar, ¿unha mensaxe para os atletas daSD Compostela Atletismo? Unha frase de ánimo, motivación ouunha reflexión sobre a importancia do deporte e do traballo en equipo.

Dende evelb cremos que sodes un gran exemplo de esforzo, constancia e paixón. Cada quilómetro que corredes, cada adestramento que facedes, cada carreira que completades son vitorias que contan moito! Estamos moi orgullosos de apoiar ao club e os seus atletas e ver como vos ides superando día a día. Seguimos de preto os vosos éxitos! Parabens!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *