Crónica das últimas carreiras: esforzo, podios e equipo!
As últimas semanas deixáronnos unha boa colleita de resultados e, sobre todo, moito orgullo pola presenza dos nosos atletas en diferentes carreiras do calendario galego. Seguimos sumando quilómetros e experiencias en cada dorsal.
Carreira Carmiña
Nesta cita tan especial, Manu Sobral asinou unha fantástica carreira subindo ao terceiro chanzo do podio, demostrando unha vez máis a súa consistencia e forza en competición.
Corresan Compostela
Un nutrido grupo de atletas do club participou nesta clásica do circuíto santiagués, levando os nosos cores polas rúas da capital. Destacamos a actuación de Ainoa Gontán, que foi terceira na súa categoría feminina, e o compromiso de todos os compañeiros e compañeiras que se puxeron o dorsal: Iago Mateos, Sanda, David Mellado, Jose Gontán, Ángel Fernández, Elisa Boullosa, Laureano Varela, Jorge Castro, Ignacio Beltrá, Dani García, María Fernández, Nuria Mejuto, José Bernárdez, Juan Alvarellos, Carmen Otero, Juan Luis Botana Ferreiro e Juan Luis Botana Mosquera.
A canteira tamén dixo presente, con grandes actuacións de Lucía Taboada, Martina López, María Sesar, Claudia Castro, Daniela Gil e Xeila Mateos.
Nocturna de Celanova
José Suárez Leis completou a carreira nocturna de Celanova cun tempo de 30 minutos e 15 segundos, conseguindo un moi meritorio 13º posto, nun percorrido rápido e competitivo.
Trail dos Esgos
No eido do trail, Lucía Taboada proclamouse gañadora da súa categoría, mentres que Juan Amigo Ferreiro subiu ao podio como terceiro en master C, e Conce Noya completou tamén un gran papel nun percorrido esixente e técnico.
Carreira Popular de Zas
Esta proba acolleu tanto o 3K como o 10K, e os nosos atletas brillaron en ambas distancias:
3K: Tina Fernández na primeira posición do podio, compartindo con Andrea Cores 3ª e moi pretiño chegou María Tarrío como 4ª.
10K: Fran País proclamouse gañador absoluto da proba; Tina Fernández, a pesar de competir no 3K, tamén foi 1ª na súa categoría no 10K. Toñito Pardiñas rematou nun moi bo 11º posto.
15K A Mariña Mediolanum
En Lugo, Cristian Expósito subiu ao segundo posto do podio, nunha carreira longa e esixente onde volveu demostrar o seu gran momento de forma.
Parabéns a todos e todas por representar ao club con esforzo, deportividade e paixón. Vémonos na seguinte!





0 comentarios