A SD Compostela Atletismo volveu deixar pegada nunha nova fin de semana de competición, esta vez coa súa presenza no 10K de Marín – Manuel Rosales e na Carreira Popular de Boimorto. Dous escenarios diferentes, pero un mesmo compromiso: dar o mellor en cada zancada.
10K de Marín – Manuel Rosales
Nesta proba de referencia no calendario atlético galego, os nosos atletas amosaron unha vez máis a súa regularidade e entrega.
Categoría masculina:
-
Anxo Otero destacou cun 5º posto en Máster A.
-
Jordi Carrasco subiu ao 3º posto en Máster B, seguido moi de preto por Dani Álvarez (4º Máster B) e Piti Pereira (13º Máster B).
-
Javier López foi 23º Máster B, mentres que José Sanda rematou 50º Máster A e Luis Míguez 42º Máster B.
-
Emilio Fernández 30º Máster C.
Categoría feminina:
-
Marta Fernández foi 9ª en sénior.
-
Rocío Díaz 4ª en Máster C.
-
Elena Suárez pechou cun meritorio 10º posto en Máster A.
Na proba sub16, Martina López acadou o 2º posto, consolidando o seu bo momento deportivo.
Carreira Popular de Boimorto
Nunha proba marcada polo ambiente próximo e familiar, a Esedé tamén colleitou grandes resultados:
-
Tina Fernández foi a gañadora absoluta, unha vez máis demostrando a súa forma.
-
Carmen Rodríguez, primeira na categoría Veterana C.
-
Loly Gómez, terceira en Veterana A.
-
Javier Cepeda, primeiro en Veterano C, completou o excelente balance do equipo.
Tamén tivemos representación branquiazul na VII Ribeira do Tea, unha proba de 16 km que percorreu un fermoso sendeiro pola beira do río Tea, unindo Salvaterra de Miño con Ponteareas. Nun trazado esixente e espectacular, os nosos atletas deixaron o listón moi alto:
- Julia Salvado proclamouse campioa absoluta cun tempo de 1h16′,
- Roberto Salvado acadou o primeiro posto na categoría Veteranos B, rematando a carreira en 1h11′.
Parabéns a ambos por representar á Esedé con tanta forza e ilusión nesta proba tan singular!
Soledad Leiro segue a facer historia coa camiseta da Esedé. Esta fin de semana, no Campionato de España de Milla en Ruta Máster, celebrado en Polanco, logrou a medalla de prata na categoría F50 cun tempo de 5:36. Un resultado brillante que, ademais, establece un novo récord galego da modalidade. Noraboa, Soledad, por levar o nome do club tan alto!
Tamén estivemos representados no Trail Cruz de Valdexería, onde Juanito e Conchi superaron un esixente percorrido nunha proba con moita dureza e paisaxes espectaculares. Grandes, como sempre!
Fin de semana de podios, progresos e compromiso. A familia Esedé segue medrando en cada carreira, en cada cidade e en cada categoría.
Seguimos!





0 comentarios