Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica marzo 29/30 Duchenne, Oroso e máis

por | Abr 3, 2025

Por quinto ano consecutivo a proba deportiva non competitiva “Unha tarde con Samuel” foi unha xornada festiva e exitosa. Foron máis de unha ducia os e as atletas compostelanistas que, participaron no cross solidario amosando o seu apoio á investigación da enfermidade Duchenne Becker que padece o noso amigo Samuel. Compartindo quilómetros polo Monte do Gozo tivemos a: Xeila Mateos, Zaira Salgado, Martina López, Lucía Castro, Daniela Maceiras, Iago Mateos, Xosé Antón Barreiro, Luis Miguez, Laureano Varela, Jorge Castro, Joaquín Sangiovanni, Emilio Fernández, Marta Fernández, Fernando Rey, Nuria Mejuto, Carmen Rodríguez, Loly Otero, José Antonio Bernárdez e María Maroñas.

Ata a poboación veciña de Oroso desprazáronse un numeroso grupo de atletas compostelanistas. Nunha solleira xornada de domingo, os nosos corredores e corredoras gozaron dunha proba deportiva na que os magníficos resultados individuais sumaron de maneira conxunta para a nosa entidade, logrando así a premiación a mellor equipo. Unha vitoria deportiva, pero tamén de implicación e identidade colectiva xa que foron máis de 30 atletas compostelanistas os que decidiron tomar parte da proba. Alberto Mariño, Manuel Sobral, Jordi Carrasco, José Sandá, Daniel Álvarez, José Suárez, David Martínez, José Carlos Ferreira, Leo Gándara, Alberto Pereira, Tina Fernández, Jesús Barral, Elena Veres, Manuel Castiñeiras, Juan Amigo, Segundo Domínguez, Jorge Castro, Valeria Batire Guridi, Elisa Boullosa, Carlos Bustelo, Nuria Mejuto, Ignacio Beltrán, José Antonio Bernárdez, Juan Luis Botana y Conce Noia completaron a longa lista de compostelanistas chegados á meta na proba absoluta. Entre os deportistas da nosa escola participaron: Xeila Mateos, Marta Noya, Claudia Castro, Martina López e Iago Mateos.

Outra das citas destacadas da xornada desenvolveuse polos montes de Muros co Trail Cova da Bruxa. Nun terreo onde as nosas expertas Julia Salvado e Lucía Taboada acadaron o ouro e a plata da proba Monte de Laxeiras, respectivamente, e a nosa María Sesar foi 3a no Trail dos Corzos. Canda as nosas traileras, completaron a participación compostelanista Xosé María Rodríguez e Fernando Rey.

E dos montes ao Camiño de Santiago; no tramo que une Portomarín con Mirallos tivemos a Andrea Cores conseguindo a vitoria na proba de 10 quilómetros da Xacorun.

En Lalín, na popular Carreira do Cocido, puidemos celebrar o segundo posto de Anxo Otero na distancia de 5 quilómetros e un excelente resultado de Sindo González que regresa paseniñamente á competición tras unha lesión.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *