Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica finais de abril/principios de maio

por | May 9, 2025

A Esedé suma quilómetros e recoñecementos en Cacheiras, Frades e moitos outros lugares da nosa xeografía.

Dúas fins de semana con citas deportivas, e incluso en días festivos, engrosan a lista de participacións atléticas da SD Compostela Atletismo por toda a provincia e na comunidade.

Alberto Mariño e Marta Fernández levaron a “Batalla” de Cacheiras impoñéndose como vencedores absolutos. Canda eles Luis Miguez e María Carmen del Río na Carreira absoluta. Martina López estivo na proba Sub16, María Sesar na Sub14 e Iván Gómez no Sub10.

Ata Friol chegaron as nosas cores da man de Elena Veres, vencedora da carreira popular de vila lucense. David Martínez, María Tarrío e Ignacio Beltrá completaron a participación compostelanista.

As cores compostelanista tamén se fixeron ver en Bueu na Volta á Illa de Ons, con Manuel Sobral e Antonio Carneiro. Tampouco podíamos faltar en Ponteceso, na quinta edición do Faro Roncudo de 6 quilómetros. Tina Fernández elevou a cinta de gañadora, cita en que tamén estiveron os nosos Toñito Pardiñas, José Suarez Leis, Laureano Varela e Manuel Castiñeiras.

Unha das probas máis especiais para a Nosa entidade e na que, ano tras ano, estamos presentes cun numeroso grupo de atletas, celebrouse o pasado 1 de Maio no Concello de Frades. O espíritu de equipo que define ao noso club brillou en todos e todas as nosas atletas que, dende a linea de meta ata o arco de chegada, disfrutaron da emblemática cita deportiva na provincia coruñesa. As nosas rapazas conquistaron o trofeo como mellor equipo feminino mentres que os nosos atletas conseguiron un segundo posto na categoría masculina. Pechando esta xornada festiva en Frades puidemos celebrar unha ampla variedade de podios por categorías, sumadas as premiacions absolutas de Elena Veres e Julia Vaquero como cuarta e quinta da clasificación xeral. E tamén mencionar as nosas peques que competiron nas súas respectivas categorías

Os nosos José Suárez Leis e Amira Simón estiveron na Carreira Popular de Arteixo e celebraron sendas premiacións por categoría. Amira repetiría podio días despois nos 11 das Vías de Cerceda.

Por Cantablria, tamén se viron as nosas cores. No 1k de Camargo, nun dos circuitos máis rápidos de España, poidemos ver voar ao noso «Piti», Dani Álvarez e Jordi Carrasco.

Este pasado domingo, na I Carreira Popula de A Baña, tamén tivemos representación. Ata este concello veciño desprazaronse varios atletas nosos. Na distancia pequena de 5k tivemos a: Xulia Vidal, Roi García e María Maroñas. Mentres que na distancia de 10k estivemos representados por: David Martinez, Manuel Castiñeiras e Laureano Varela. Tamén tivemos atletas nas categorías de menores: Lucía Taboada e Martina López.

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.