Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Febreiro/Marzo 28/01 Coruña e máis

por | Mar 4, 2026

Fin de semana de quilómetros, podios e novas marcas 🩵🤍

A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en probas de ruta, trail, pista e tamén en eventos solidarios, sumando grandes resultados e moita participación.

XVIII Medio Maratón Coruña 21 – 5K

Na Coruña tivemos representación tanto no 5K como no 21K.

5K
Participaron:

  • Jaci Mello

  • Eloy Castro

  • Suárez Leis

  • Ignacio Beltra

  • Noelia Suárez

  • Andrea Cores

21K
No medio maratón destacamos o triunfo de Jordi Carrasco, que foi 1º Master 4, sumando un novo podio para o club.
Tamén tomaron a saída:

  • Toñito Pardiñas

  • Fabián Amado

  • Cristian Expósito

  • Cristian Mogo

  • Carlos Cabo

  • Iván Solís

  • Martiño Placer

  • Adrián Castroagudín

  • Laura Pérez

  • Amira Simon

  • Marcos Fontáns

Gran ambiente e moita presenza celeste nunha das probas máis destacadas do calendario galego.

Trail Quiroga

No trail tamén houbo representación compostelanista.

Carreiriña TDC 10K

  • Paula Vázquez acadou unha fantástica 4ª posición feminina, quedando ás portas do podio.

Maratón 42K

  • Xosé María Rodríguez conseguiu un espectacular 3º posto absoluto, competindo co Tribu Trail.

CTA Xunta de Galicia Sub 18 – Pista Curta

Na pista, no Campionato Xunta de Galicia Sub 18:

  • Xana Senín foi 7ª nos 60 metros lisos, nun campionato de alto nivel competitivo.

Roma – Ostia 21K

Tamén tivemos presenza internacional na Roma-Ostia 21K, onde se conseguiu unha MMP cun tempo neto de 1:49:39, demostrando que o traballo segue dando froitos tamén fóra das nosas fronteiras.

Carreira benéfica GATOCAN 🐾

O noso compañeiro Alberto Pardo gañou a carreira benéfica organizada pola protectora de animais GATOCAN, demostrando que o atletismo tamén é compromiso e solidariedade.

Outro fin de semana máis competindo en múltiples frontes, sumando experiencia, marcas persoais, podios e tamén apoiando boas causas. Seguimos 🩵🤍💪

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *