Fin de semana de quilómetros, podios e novas marcas 🩵🤍
A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en probas de ruta, trail, pista e tamén en eventos solidarios, sumando grandes resultados e moita participación.
XVIII Medio Maratón Coruña 21 – 5K
Na Coruña tivemos representación tanto no 5K como no 21K.
5K
Participaron:
-
Jaci Mello
-
Eloy Castro
-
Suárez Leis
-
Ignacio Beltra
-
Noelia Suárez
-
Andrea Cores
21K
No medio maratón destacamos o triunfo de Jordi Carrasco, que foi 1º Master 4, sumando un novo podio para o club.
Tamén tomaron a saída:
-
Toñito Pardiñas
-
Fabián Amado
-
Cristian Expósito
-
Cristian Mogo
-
Carlos Cabo
-
Iván Solís
-
Martiño Placer
-
Adrián Castroagudín
-
Laura Pérez
-
Amira Simon
-
Marcos Fontáns
Gran ambiente e moita presenza celeste nunha das probas máis destacadas do calendario galego.
Trail Quiroga
No trail tamén houbo representación compostelanista.
Carreiriña TDC 10K
-
Paula Vázquez acadou unha fantástica 4ª posición feminina, quedando ás portas do podio.
Maratón 42K
-
Xosé María Rodríguez conseguiu un espectacular 3º posto absoluto, competindo co Tribu Trail.
CTA Xunta de Galicia Sub 18 – Pista Curta
Na pista, no Campionato Xunta de Galicia Sub 18:
-
Xana Senín foi 7ª nos 60 metros lisos, nun campionato de alto nivel competitivo.
Roma – Ostia 21K
Tamén tivemos presenza internacional na Roma-Ostia 21K, onde se conseguiu unha MMP cun tempo neto de 1:49:39, demostrando que o traballo segue dando froitos tamén fóra das nosas fronteiras.
Carreira benéfica GATOCAN 🐾
O noso compañeiro Alberto Pardo gañou a carreira benéfica organizada pola protectora de animais GATOCAN, demostrando que o atletismo tamén é compromiso e solidariedade.
Outro fin de semana máis competindo en múltiples frontes, sumando experiencia, marcas persoais, podios e tamén apoiando boas causas. Seguimos 🩵🤍💪





0 comentarios