A SD Compostela Atletismo seguiu deixando pegada esta fin de semana en diferentes puntos da xeografía galega, sumando podios e boas actuacións.
IX Corretroita Popular Concello de Sobrado
Brillante participación dos nosos atletas nunha proba xa clásica no verán:
José Suárez Leis, 1º Máster 4
Iago Mateos, 1º Sub18
Martina López, 1ª Sub16
XXXIII Milla Urbana de Ares
No asfalto rápido da Milla de Ares, Juan Amigo foi 4º Máster 3, demostrando unha vez máis a súa regularidade.
XXX Carreira a Pé de Lira
Nova vitoria absoluta para Tina Fernández, que segue imparable esta tempada. Ademais:
Laureano Varela, 25º Veterano
Manuel Castiñeiras, 32º Veterano
Baños de Molgas
Na fermosa localidade ourensá, Alejandro Montero rozou o podio absoluto, acadando unha excelente 4ª posición a pesares da calor abafante.
A Esedé continúa sumando quilómetros, podios e experiencias, cun equipo que non descansa no verán e leva o noso nome por toda Galicia.





0 comentarios