A primeira fin de semana de agosto volveu deixarnos grandes actuacións dos nosos atletas en distintas localidades de Galicia, demostrando que o verán non frea nin a paixón nin a entrega da familia compostelá.
XXXII Cros Popular Piñeiral de Cabanas
No entorno natural e fermoso de Cabanas, disputouse unha nova edición dun dos cros máis tradicionais do verán. Os nosos atletas brillaron entre os piñeiros:
José Suárez Leis proclamouse gañador da categoría SuperVeterano, demostrando unha vez máis a súa consistencia.
Juan Amigo acadou a 4ª posición na categoría Veterano B.
Noelia Suárez foi 7ª en sénior feminina.
Conchi Noya pechou unha gran actuación co 3º posto en Veterana B.
Os 21 do Galo Piñeiro: Arzúa – O Pino
Nun evento que xa é referencia no calendario estival, os atletas da Esedé repartíronse entre as dúas distancias (8 km e 21 km), cunha choiva de podios:
• 8K
Alberto Mariño: 1º absoluto
José Sanda: 3º absoluto
Roberto Salvado: 2º Master 2
Julia Salvado: 1ª absoluta
Elena Veres: 2ª absoluta
María Tarrío: 3ª absoluta
Andrea Cores: 1ª Sénior
• 21K
Luís Míguez rematou nun meritísimo 14º posto Master 2, nun percorrido duro e esixente.
XXI Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía
Co sol xa posto, pero coa enerxía a tope, varios dos nosos atletas participaron nunha das probas nocturnas máis populares da zona:
Piti Pereira: 6º en Master B
Elisa Boullosa: 3ª en Master A
Elena Suárez: 7ª en Master A
Carmen Rodríguez: 2ª en Master C
Tamén contamos coa participación das nosas promesas máis novas: Martina López, Daniela Gil e Marta Noya, acadando grandes resultados. Desde aquí, parabéns polo esforzo e a entrega!





0 comentarios