Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Abril 5/6 Compostela, Vigo e máis

por | Abr 11, 2025

Correr na casa sempre ten un compoñente especial. As carreiras en Santiago de Compostela son un desafío cargado da intensa emoción que supón correr polas rúas que diariamente acollen os nosos adestramentos. Pero desta ocasión pechadas para nós, para as nosas zancadas, para os nosos obxectivos. Por iso, as probas que compuxeron a xornada dos “10.000 Peregrinos”, organizada pola FGA e a Deputación da Coruña, contaron cunha gran lista de atletas compostelanistas. Dende os nosos corredores da proba 10K; Alejandro Montero, Martiño Placer, Antonio Vázquez, Elena Veres, Juan Amigo, Laureano Varela, Jorge Castro, Iván Solís, Valeria Batire, María del Carmen Rodríguez e Conce Noya; á participación dos atletas branquiazuis na distancia de 5 quilómetros con Jordi Carrasco, Manuel Sobral, David Martínez, Iago Mateos, José Sandá, Emilio García, Alberto Pereira, José Antonio Gontán, Leo Gándara, Luis Miguez, Julia Salvado, Roberto Salvado, María Tarrío, Andrea Cores, Carmen Otero, Juan Alvarellos, Roi García, Marta Fernández, María Maroñas, Lara Salgado, Irea Llóvera, Loly Gómez e Pablo Fernández; ata os rapaces e rapazas da nosa escola deportiva coa representación de Martina López, María Sesar, Claudia Castro, Daniela Maceiras e Daniela Gil, todos gozaron desta cita anual da cidade compostelá.

Nunha das citas con máis reclamo da nosa comunidade; a Vig-Bay, a SD Compostela Atletismo estivo representada por un amplo numero de atletas, tanto na distancia curta de 11 quilómetros como na clásica media maratón. Os nosos Anxo Otero; segundo da xeral, Xosé Antón Barreiro, Joaquín Sangiovanni e Sindo González participaron da MiniBay, todos eles no Top15 da proba. Completando a lista compostelanista, os noso José Suárez, Segundo Domínguez e Noelia Suárez participaron e finalizaron con éxitos os 21 quilómetros.

Ademais, polos montes de Toques tivemos ao noso Fernando Sesar conseguindo a terceira posición da proba absoluta de 17 quilómetros de percorrido.

A nosa atleta máis internacional desta xornada, foi a nosa Nuria Mejuto, que viaxou ata Praga e participou na Media Maratón da República Checa, unha das máis prestixiosas do mundo.

Nunha nova xornada de Xogade para atletas en idade escolar, nesta ocasión en A Pobra, puidemos contar coa magnífica participación de Zaira Salgado e Daniela Gil en 60 metros e lonxitude, Xeila Mateos en 50 metros e lonxitude e de Maria Sesar nos 1000 metros. Dende o club estamos moi ledos da evolución e da aprendizaxe de todos e todas as atletas da nosa escola de atletismo, que disfrutan practicando deporte e fomentando hábitos de ocio saudables.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.