En pista e en asfalto, a SD Compostela Atletismo acada éxitos individuais e por equipos.
O Campionato Xunta de Galicia de 10.000 metros ao Aire Libre celebrado nas pistas da USC encumbrou aos atletas galegos máis veloces nesta disciplina.
As pistas universitarias de Santiago de Compostela contaron con representación compostelanista, tanto nos 10.000 metros como nos 5.000 metros . Baixo a chuvia intensa que acompañou durante toda a xornada do sábado, os nosos e as nosas atletas acadaron diversas premiacións nas súas respectivas categorías. José Carlos Ferreira logrou o subcampionato M50 nos 10.000 metros mentres que a nosa Amira Simón levou a plata na categoría F35.
Ademáis, no tocante á proba dos 5.000 metros, tivemos aos nosos Iago Mateos e a Leo Gándara; e nos 10.000 metros masculinos Alejandro Montero pechou o top10 da proba e José Sandá completou á participación branquiazul. Nos 10.000 metros femininos tamén tivemos ao nosa Soledad Leiro.
Durante o mes de Abril teñen lugar algunhas das carreiras máis emblemáticas do calendario deportivo galego. A Carreira de Pascua de Padrón celebrouse o sábado canda as festas locais da vila padronesa. A nosa Tina Fernández proclamouse vencedora da proba de 13 quilómetros de percorrido. Xunto a ela, Martina López, protagonista indiscutible pola súa función de pregoeira das festas desde ano, foi a terceira muller en atravesar a liña de meta. O equipo compostelanista, cun total de vinte representantes en Padrón, acadou a segunda posición por equipos, grazas aos resultados de: Gerardo Cachafeiro, José Suárez, Xosé Antón Barreiro, Fernando Sesar, Sindo González, Joaquín Sangiovanni, Manuel Castiñeiras, Jesús Barral, Laureano Varela, Elisa Boullosa, Nuria Mejuto, Matías Benito, Lucia Taboada, Martina López, María Sesar, Daniela Gil, María Sesar e Xeila Mateos.
Outra das carreiras da xornada, tamén vencelleda a outra das festas populares de Galicia, foi a Carreira do Augardente de Portomarín. Alí tivemos aos nosos Juan Amigo e Conce Noia. Nos 7.3 quilómetros de proba, Juanito acadou premiación como gañador da súa categoría.





0 comentarios