Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Abril 12/13 Santa Comba, Vimianzo e máis

por | Abr 18, 2025

Sonrisas y podios en Vimianzo e Santa Comba

Unha fin de semana máis, a SD Compostela Atletismo participou das dúas carreiras que se celebraron próximas á nosa cidade. Tanto en Vimianzo, na xornada incluida no circuito de carreiras da Costa da Morte; como en Santa Comba, na Clásica Gandeira, o ambiente compostelanista foi protagonista.

O sábado pola tarde tivo lugar a celebración das probas deportivas de Vimianzo 10k, 3K e diferentes probas infantiles. A nosa Tina Fernández foi a atleta máis rápida na distancia longa. Pero tamén tivemos a Fran Pais; cuarto absoluto, Toñito Pardiñas e David Martínez, todos eles entrando en meta no top20.
Andrea Cores obtivo a segunda posición na distancia curta de 3K, mentres que Carmen Otero foi cuarta absoluta. Matías Benito completou a lista de atletas ñas probas absolutas de Vimianzo.
Para pechar a xornada deportiva en Vimianzo, a nosa Lucía Taboada conseguíu a vitoria na proba feminina Sub16.

Alberto Mariño e Tina Fernández impuxéronse como os gañadores da Clásica Gandeira na proba longa de 10 quilómetros. Dobre premiación absoluta para os nosos atletas, aos que acompañou Nuria Mejuto como segunda clasificada.
Canda a eles; tamén tivemos a José Sandá, Laureano Varela, Manuel Castiñeiras, Iván Solís, Juan Amigo, Luis Miguez, Segundo Domínguez, Jorge Castro, Fernando Paz, José Antonio Bernárdez, Juan Luis Botana e Conce Noya.
Na proba curta de 3K participaron os nosos Amira Simón, Matías Benito, María Maroñas e Fernando Rey.
Tamén contamos con representantes compostelanistas na proba para atletas en idade escolar. Lucia Taboada foi segunda Sub16, mentres que Martina López acadou a cuarta posición e Claudia Castro completou a lista de atletas na proba Sub14/16. Na carreira Sub10/Sub12 tivemos a Daniela Gil.

O campionato Xunta de Galicia clubs máster celebrado en Vigo tanén contou con representación Compostelanista coa participación de José Carlos Ferreira nas probas de 1.500 e 3.000 metros, parando o crono en 4:50:25 e 10:01:41, respectivamente; e unha actuación maiúscula nos relevos de 4×100 con Santiago Dapena, Anxo Otero, Emilio García e José Carlo Ferreira.

Na Coruña, a nosa atleta Amira participou o sábado no 1C Trail Bombeiros da Coruña, unha proba que lle traía moi bos recordos. Como curiosidade, nas carreiras o dorsal número 1 adoita reservarse para o gañador da edición anterior —si, normalmente no apartado masculino—, polo que para Amira foi unha ilusión enorme levar ese dorsal por primeira vez, símbolo do seu triunfo na pasada edición.

Sabía que repetir vitoria sería complicado, pero tras perderse, finalmente resultou 4ª na clasificación xeral e 3ª de categoría.

Por último, unha mención especial para a nosa Julia Salvado que foi convocada coa selección galega de trail running para disputar o Campionato de España de Federacións Autonómicas en Eivissa. Coa súa participación e resultado, Julia contribuiu a acadar a medalla de bronce por conxuntos na categoría Promoción Sub18/20.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.