1. Para comenzar, contádenos un pouco sobre a vosa empresa. Qué servizos ofrecedes?
Queremos que os nosos seguidores coñezan mellor quen sodes eo que vos diferencia no mercado.
O Centro Falguera é un espazo especializado na recuperación e mellora do rendemento deportivo, onde o noso maior valor diferencial é o traballo en equipo multidisciplinar, acompañando ao deportista en todas as fases da súa recuperación.
Comezamos cunha valoración exhaustiva da lesión e das compensacións que esta puido provocar, empregando tecnoloxía avanzada como o ecógrafo Samsung HS50, plataformas de forza VALD e encoders para obter datos precisos que guían todo o proceso.
Ofrecemos tratamentos innovadores de fisioterapia avanzada, que inclúen electrólise percutánea, neuromodulación e readaptación funcional utilizando ferramentas como Airbands e feedback en placas de presión para garantir unha volta segura e efectiva á actividade.
Ademais, especializámonos en fisioterapia de solo pélvico e nutrición deportiva, adaptando cada intervención ás necesidades individuais de cada persoa, tanto no rendemento como na prevención de lesións.
O noso equipo está formado por profesionais altamente cualificados:
- Fisioterapeuta deportiva
- Especialista en solo pélvico.
- Readaptador de lesións
- Preparadora física.
- Nutricionista deportivo.
Traballamos conxuntamente para proporcionar un servizo integral, co obxectivo de que cada deportista volva máis forte e mellor preparado que antes da lesión.
2. ¿Qué te motivou apoiar ao SD Compostela Atletismo?
O apoio ao deporte local é fundamental. ¿Que vos levou a apostar polo noso club? ¿Algún vínculo especial co atletismo ou o deporte en xeral?
Parte do noso equipo ten unha conexión especial co atletismo, xa que foron atletas. Ademais, como centro especializado en deporte, queremos contribuír activamente ao impulso dos clubes locais, poñendo en valor o traballo, o esforzo e os valores que representa o atletismo e o voso club.
3. ¿Qué valores compartides co noso equipo?
No noso club promovemos o esforzo, a superación e o compañeirismo. ¿En qué medida a súa empresa se identifica con estos principios?
Somos unha empresa pequena con apenas 4 anos de vida, na que comezamos 2 persoas, chegando actualmente aos 5 integrantes e onde temos ganas de seguir crecendo. Esto é posible grazas ao esforzo contínuo de todos os membros do equipo, a superación constante para ter a mellor formación posible e ao traballo en equipo que nos permite ser mellores.
4. Moitos dos nosos atletas queren apoiar ás empresas que nos patrocinan. Cómo poden facelo?
¿Ofrecédeslles algún servicio especial, descontos ou recomendacións? Queremos que a nosa comunidade vos coñeza de preto.
De cara a apoiar a todos e todas ao atletas do clube ofrecemos un desconto do 15% nas sesións de fisioterapia e readaptación de lesións. Ademáis de unha sesión gratuita para dez atletas que o precisen.
5. Para rematar, ¿unha mensaxe para os atletas da SD Compostela Atletismo?
Unha frase de ánimo, motivación ou unha reflexión sobre a importancia do deporte e do traballo en equipo.
Seguíde adestrando con ganas e ilusión. Cada esforzo conta e, xuntos, chegaredes máis lonxe. Forza, SD Compostela Atletismo!





0 comentarios