Un mes de competición, podios e moita presenza do club
Agosto chegou cargado de carreiras e, unha vez máis, o noso club deixou pegada por boa parte da xeografía galega. Desde probas populares ata campionatos autonómicos, pasando por millas, croses, trails e carreiras urbanas, os nosos atletas volveron demostrar que hai ganas de competir, de desfrutar e, sobre todo, de non parar.
E se algo define este mes é a cantidade de participacións e de podios, tanto a nivel individual como por equipos.
🏆 CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA 10K – VILAGARCÍA DE AROUSA
O mes comezou por todo o alto co Campionato Xunta de Galicia de 10K en Vilagarcía de Arousa, onde tivemos unha representación espectacular.
Na categoría absoluta participaron Jaci Mello, Jordi Carrasco, Carlos Abal, Carlos Fraga, Piti Pereira, Jose Sanda, Adrián Castroagudín, Nando Sesar, Mario Rafael, Antonio Vázquez, David Mellado, Alejandro Villar, Sindo González, Javi Domínguez, Josito Fernández, Emilio García, Luis Míguez, Manu Castiñeiras, Iván Solís, Emilio Fernández e Ignacio Beltra, entre outros.
E ademais chegaron grandes resultados:
🥇 Jaci Mello – 1ª M45
🥇 Suárez Leis – 1º M60
🥉 Carlos Cabo – 3º M55
Na categoría feminina, Sole Leiro conseguiu o 2º posto absoluto, mentres que Manuela Montes foi 3ª sénior.
Tamén houbo representación nas categorías inferiores:
🥈 Martina López López – 2ª Sub18
🥈 María Sesar – 2ª Sub14
🥉 Daniela Gil – 3ª Sub14
🥉 Marta Noya – 3ª Sub10
E como guinda a unha xornada espectacular, primeiro posto por equipos tanto na categoría masculina como na feminina. Un resultado que fala por si só do nivel e da forza do grupo.
🏃 XXXI CARREIRA A PE DE LIRA
Na carreira de 3,5 km de Lira tivemos a participación de:
- Martín Vidal – 2º absoluto
- Manu Costa
Outro podio para sumar ao botín do mes.
🌲 XXXIII CROS POPULAR PIÑEIRAL DE CABANAS
No Cros Popular Piñeiral de Cabanas participaron Alberto Pardo, Sole Leiro, Emilio García, Juan Amigo e Conchi Noya.
🥉 Alberto Pardo – 3º M1
🥈 Sole Leiro – 2ª absoluta
🍷 XXIX MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO – CAMARIÑAS
A milla tamén nos deixou varios resultados destacados:
🥈 Anxo Otero – 2º Veterano A
🥇 Emilio García – 1º Veterano B
🥇 Martina López López – 1ª Xuvenil
🥈 Daniela Gil – 2ª Sub14
🏅 Marta Noya – Sub10
Completaron a participación Javi Domínguez e Mario Rafael.
🏃♀️ XXXIV MILLA URBANA CONCELLO DE ARES
Dobre vitoria para o club:
🥇 Emilio García – 1º M3
🥇 Sole Leiro – 1ª M3
Unha milla con pleno de vitorias nas súas categorías.
🌿 X CORRETROITA POPULAR CONCELLO DE SOBRADO
En Sobrado volvemos ter unha representación numerosa e varios podios:
🥈 Jaci Mello – 2ª absoluta
🥉 Alberto Pardo – 3º absoluto
🥇 Suárez Leis – 1º M4
🥇 Carlos Cabo – 1º M3
🥇 Nuria Mejuto – 1ª absoluta
Tamén participaron David Mellado, Josito Fernández, Manu Costa, Jorge Castro, Manu Castiñeiras e varios dos nosos atletas máis novos.
🥈 Martina López López – 2ª Sub18
🥉 Claudia Castro – 3ª Sub16
🏅 Daniela Gil – Sub14
❤️ CROS SOLIDARIO DE CASTROPOL
Nunha proba con carácter solidario, Emilio Fernández e Rocío Díaz conseguiron o 1º posto na súa categoría.
Porque tamén hai carreiras nas que o resultado máis importante é compartir deporte e colaborar.
🌳 CARREIRA POPULAR DA ROMARÍA LABREGA DA CHAIRA DOS VILARES – CARBALLEIRA DO CANCELO
Nova cita para o noso equipo, esta vez na Carballeira do Cancelo, onde volvemos demostrar que cando hai carreira, tamén hai podio.
🥇 Nuria Mejuto – 1ª absoluta
🥈 Alberto Pardo – 2º absoluto
Unha magnífica actuación dos dous, que subiron ao podio para seguir engordando a colleita de resultados deste mes de agosto.
🏙️ XXXIII CARREIRA POPULAR DE CAMBRE
Outra das grandes participacións do mes, con Alberto Pardo, Carlos Fraga, Nando Sesar, Carlos Cabo, Suárez Leis, Javier Cepeda, Antonio Vázquez, Manu Costa, Josito Fernández, Nuria Mejuto e Pablo Rocha.
🥈 Carlos Cabo – 2º M3
🥇 Suárez Leis – 1º M4
🥉 Javier Cepeda – 3º M4
🥈 Nuria Mejuto – 2ª absoluta
Nas categorías inferiores:
🏅 María Sesar – Sub14
🌊 XLI CARREIRA POPULAR DE BAIONA
En Baiona tivemos representación con:
- Anxo Otero – SB3
- José Carlos Ferreira – VB3
- Alejandro Montero
🦐 I CARREIRA DA FESTA DO MARISCO DE BARALLOBRE
Porque correr e comer ben nunca estiveron rifados, chegamos a Barallobre para a primeira edición desta carreira.
🥇 Jaci Mello – 1ª absoluta
Tamén participaron Josito Fernández, Juan Luis Amigo e Conchi Noya.
⛰️ V TRAIL DOS IRMANDIÑOS – CASTELO DE MOECHE
Representación do club no Trail dos Irmandiños da man de Juan Luis Amigo, levando os nosos cores tamén ao monte.
🏃 MILLA DE SANXENXO
Outro resultado destacado para Javi Domínguez, que conseguiu o:
🥉 3º posto absoluto
🏰 XXVIII CARREIRA NOIA MEDIEVAL
Unha das citas máis especiais do calendario deixou unha ampla representación:
Alberto Pardo, Eloy Castro, Jose Sanda, David Mellado, Sole Leiro, Emilio García, Manu Castiñeiras, xunto aos máis novos Xeila Mateos, Iván Gómez e Daniela Gil.
🥇 Sole Leiro – 1ª M3
E ademais:
🥈 2º posto por equipos
🌊 XVII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
Outro domingo de gran participación e grandes resultados.
🥈 Jaci Mello – 2ª M2
🥉 Alberto Mariño – 3º M2
🥇 Suárez Leis – 1º M4
🥉 Mario Rafael – 3º M3
🥉 Sole Leiro – 3ª absoluta
🥇 Nuria Mejuto – 1ª M1
🥉 Xoana Rodil – 3ª Sub16
Tamén participaron Emilio García, Javier Cepeda, Manu Costa, Carlos Bustelo, Josito Fernández, Manu Castiñeiras, Marcos Fontans, Sergio Palacios e Daniela Gil (Sub14).
🌱 IX CARREIRA POPULAR CULTIVANDO DEPORTE – BOIMORTO NO CAMIÑO
E para pechar o mes, chegada a Boimorto con:
🥈 Carlos Cabo – 2º Veterano 50
🥇 Elena Veres – 1ª absoluta
Tamén participaron Josito Fernández e María Tarrío.
Un mes no que o máis importante non son só os podios, senón a enorme cantidade de atletas que saíron competir, compartir quilómetros e representar o club.





0 comentarios