Crónica: Fin de semana de quilómetros, podios e paixón.
A actividade dos nosos atletas non descansa, e esta fin de semana foi unha nova mostra do compromiso, o esforzo e os grandes resultados da familia da SD Compostela Atletismo en distintas probas do territorio… ¡e incluso máis alá!
V Carreira 5K El Canario – Ribeira
En Ribeira celebrouse esta quinta edición do 5K El Canario, onde as nosas cores destacaron de maneira brillante, ademáis, fomos o club máis numeroso!
Alberto Mariño foi o máis rápido en Máster 1
Alejandro Pesado acadou o ouro en Máster 2
Elena Veres foi segunda feminina absoluta
Andrea Cores tamén subiu ao caixón como segunda sénior
Elisa Boullosa logrou a segunda posición en Máster 1María Tarrío foi primeira en Máster 2
Carmen del Río primeira en Máster 4
Ademais, participaron Pablo Fernández, Pepe Bernárdez e Elena Suárez.
Carreira Popular de Moeche
No fermoso entorno de Moeche, Juan Amigo foi 4º na categoría Máster 3, sumando unha nova boa actuación ao seu calendario.
Portugal: Caminha
O noso Manu Sobral cruzou fronteiras para competir en Caminha (Portugal), onde conseguiu un tempo espectacular nunha proba esixente. Parabéns por seguir superando límites tamén fóra da casa!
Melide – 21 do Camiño
Na media maratón celebrada en Melide, Jordi Carrasco foi o 6º home absoluto, confirmando o seu excelente estado de forma. Xunto a el, participaron tamén Cristian Expósito, Dani Álvarez, José Sanda, Fernando Sesar, Javi Capón, Jorge Castro e Laureano Varela, completando unha destacada presenza do club.
Na proba curta de 6 km, a Esedé foi protagonista absoluta:
Tina Fernández foi a gañadora feminina
Nuria Mejuto cruzou a meta como terceira muller
Moi pegadiña chegou Loly Gómez, asinando unha gran carreira
No podio masculino, David Martínez foi o terceiro home en meta.
Festa do Viño en Barro
Tampouco quixemos perdernos a festa de Barro, con viño incluído!
José Suárez Leis conseguiu un fantástico 3º posto, cun tempo de 36’30’’, demostrando unha vez máis que é sinónimo de regularidade e entrega.
Campionato Galego de 5K en pista
Nas pistas tamén houbo celebración:
Rosana Fernández proclamouse subcampioa galega, sumando unha nova medalla a unha tempada espectacular.
Campionato de España Absoluto – La Nucía
Unha das grandes citas do calendario estatal contou tamén con representación branquiazul. Os nosos Soledad Leiro e José Carlos Ferreira participaron con ilusión e moito nivel no Campionato de España de Atletismo Absoluto de pista ao aire libre, celebrado en La Nucía. Unha honra contar con atletas que representan o noso escudo entre os mellores do país.
Seguimos sumando carreiras, experiencias e sobre todo orgullo polo traballo e a ilusión que cada atleta pon en cada dorsal. Esta familia non para!





0 comentarios