- Para comenzar, contádenos un pouco sobre a vosa empresa. Que servizos ofrecedes? Queremos que os nosos seguidores coñezan mellor quen sodes eo que vos diferencia no mercado.
Somos unha empresa afincada en Milladoiro, especializada en solucións tecnolóxicas, mantemento informático e servizos innovadores para empresas e administracións. Gústanos facer as cousas ben, con dedicación e atención, e volcámonos en cada proxecto como si fora noso. Coidamos os detalles e cremos na cercanía, porque para nós cada cliente é parte do noso equipo.
- ¿Que te motivou apoiar ao SD Compostela Atletismo? O apoio ao deporte local éfundamental. ¿Que vos levou a apostar polo noso club? ¿Algún vínculo especial co atletismo ou o deporte en xeral?
Para nós, a práctica deportiva é fundamental para avanzar cara unha sociedade máis activa e cuns coñecementos máis profundos sobre a importancia de adquirir hábitos de vida e de ocio saudables.
Pero ademáis diso, apoiar ao deporte local é un orgullo porque é unha maneira de contribuir a crear comunidade e impulsar o deporte na cidade de Santiago de Compostela e arredores.
E moi especialmente o atletismo, unha disciplina que simboliza o esforzo, a superación e o respeto por enriba da competitividade, e que une a maiores e cativos en probas deportivas cada fin de semana enchendo as rúas e as pistas de ledicia, entusiasmo e grandes exemplos deportivos.
- ¿Que valores compartidesconoso equipo? No noso club promovemos o esforzo, a superación e o compañeirismo. ¿En qué medida a súa empresa se identifica con estos principios?
Identificámonos cos valores de esforzo constante, superación de retos e traballo en equipo que, tanto no mundo do atletismo como no mundo tecnolóxico, configuran a base para que cada proxecto saia adiante.
Como si dunha carreira se tratara, nos proxectos tecnolóxicos a disciplina, o compromiso e a capacidade de superación son a clave para chegar á meta e obter os mellores resultados posibles.
Ademais, outro dos valores que compartimos coa SD Compostela Atletismo é manter unha visión de futuro e confiar nun proxecto de formación para os seus atletas de base, compartindo coñecementos e celebrando cada paso das súas escolas deportivas.
- Moitos dos nosos atletas queren apoiar ás empresas que nos patrocinan. Como podenfacelo? ¿Ofrecédeslles algún servicio especial, descontos ou recomendacións? Queremos que a nosa comunidade vos coñeza de preto.
Estamos á disposición dos atletas do club que queiran coñecer os nosos servizos no eido tecnolóxico ofrecendo solucións a medida en software, hardware, desarrollo web e marketing digital.
Se algo nos caracteriza é que nos adaptamos en cada momento ás necesidades específicas de cada empresa e cliente, brindando asesoramento e acompañamento de principio a fin.
Contamos cun equipo multidisciplinar preparado para dar resposta a calquera reto tecnolóxico, desde a implantación de sistemas informáticos ata a creación de estratexias dixitais personalizadas. Traballamos con compromiso, proximidade e innovación para garantir os mellores resultados.
Estamos á vosa disposición para calquera consulta ou para axudarvos a dar o seguinte paso na dixitalización do voso proxecto.
- Para rematar, ¿unha mensaxe para os atletas daSD Compostela Atletismo? Unha frase de ánimo, motivación ouunha reflexión sobre a importancia do deporte e do traballo en equipo.
Dende evelb cremos que sodes un gran exemplo de esforzo, constancia e paixón. Cada quilómetro que corredes, cada adestramento que facedes, cada carreira que completades son vitorias que contan moito! Estamos moi orgullosos de apoiar ao club e os seus atletas e ver como vos ides superando día a día. Seguimos de preto os vosos éxitos! Parabens!





0 comentarios