Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Nutrición Amigo

por | May 7, 2025

1. Para comenzar, contádenos un pouco sobre a vosa empresa. Qué servizos ofrecedes? Queremos que os nosos seguidores coñezan mellor quen sodes eo que vos diferencia no mercado.

Boas! O primeiro de todo, grazas pola oportunidade, é un pracer poder colaborar con vós.

Amigo Nutrición é unha consulta dietética en Santiago de Compostela. Contamos con dous ámbitos principais: Por un lado, acompañando ás persoas na mellora dos seus hábitos alimentarios dun xeito realista, flexible e adaptado ao seu día a día. O noso obxectivo é contribuír á promoción dunha alimentación saudable e á mellora da saúde a longo prazo, tendo sempre en conta as necesidades individuais de cada persoa.

Por outra banda, especializámonos tamén na nutrición deportiva, optimizando o rendemento de deportistas, tanto profesionais como amateur, mediante estratexias nutricionais personalizadas. Axudamos a mellorar a súa composición corporal, competición, recuperación e rendemento, sempre desde un enfoque baseado na evidencia científica.

Temos experiencia en diferentes campos, mais o noso principal servicio é a nutrición deportiva, pois nos encanta formarnos constantemente e é a nosa principal motivación.

Por suposto, temos experiencia en outros servicios máis xenéricos como o control do peso, elaboración de menús para grupos, así como charlas e talleres (colexios, concellos, clubes…).

2. ¿Qué te motivou apoiar ao SD Compostela Atletismo? O apoio ao deporte local é fundamental. ¿Que vos levou a apostar polo noso club? ¿Algún vínculo especial co atletismo ou o deporte en xeral?

Sempre tivemos claro que non hai maior orgullo que apoiar ao deporte local e que mellor maneira de facelo cun clube con tanta historia como este clube. Apostar pola SD Compostela Atletismo foi algo natural. Pódese observar que hai un bo traballo detrás, e iso motiva moito.

3. ¿Qué valores compartides co noso equipo? No noso club promovemos o esforzo, a superación e o compañeirismo. ¿En qué medida a súa empresa se identifica con estos principios?

Para nós, valores como o esforzo, superación e compañeirismo deben ser a base en todos os ámbitos da vida, tanto no deporte, como no social ou profesional.

Ao igual que no deporte, a nosa filosofía é que os cambios reais na saúde e na nutrición requiren tempo, compromiso e traballo en equipo. Por poñer un exemplo: Ten que existir un certo “compañeirismo” entre nós e os clientes, para fomentar un ambiente de apoio eficaz.

Por iso, colaborar cun club que transmite e vive eses mesmos valores fainos sentir parte dun mesmo camiño: Mellorar cada día e facelo sempre desde o respecto e o apoio mutuo.

4. Moitos dos nosos atletas queren apoiar ás empresas que nos patrocinan. Cómo poden facelo? ¿Ofrecédeslles algún servicio especial, descontos ou recomendacións? Queremos que a nosa comunidade vos coñeza de preto.

Por suposto! Os atletas do clube tedes descontos nos nosos servizos principais.

A través do estudo antropométrico (medición de pliegues, perímetros e diámetros oseos), obtemos como resultado valores moi exactos da masa grasa, muscular e ósea da persoa. Somos antropometristas certificados pola ISAK, garantía dos mellores resultados.

  • O estudo antropométrico ten un desconto do 70%, quedando en 15€.
  • Entrégase unha análise dos datos, para poder comparalos con futuras medicións.

Nas consultas, traballaremos diferentes aspectos como a preparación de competicións, o control do peso ou recomendacións de suplementación deportiva o día de carreira.

  • A consulta nutricional ten un desconto do 30%, quedando en 30€.
  • Os vosos familiares ou achegados, tamén se poden beneficiar deste desconto, para aquelas consultas orientadas a outros aspectos como p.e. a mellora da alimentación.

Se tedes dúbidas, contactade con nós. Estaremos encantados de atendervos!

5. Para rematar, ¿unha mensaxe para os atletas da SD Compostela Atletismo? Unha frase de ánimo, motivación ou unha reflexión sobre a importancia do deporte e do traballo en equipo.

Cada día que adicades ao deporte é un paso máis cara ás vosas metas. O importante non é só o que logrades, senón o camiño que percorredes xuntos. Continuade confiando en vós mesmos e no equipo, pois cada tempada trae consigo novas oportunidades para brillar. Sorte!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.