
Visita a súa web
Amancio Deportes é unha tenda de artigos deportivos fundada en 1990 en Santiago de Compostela.
Somos responsables dos produtos á venda nesta tenda web coa mesma garantía e profesionalidade que na nosa tenda física, avalados por máis de tres décadas de atención personalizada aos nosos clientes.
O equipo humano de Amancio Deportes caracterízase pola súa afección ao deporte. Somos un equipo de expertos e coñecemos en profundidade os produtos á venda.
Aplicamos os mesmos principios ás vendas en liña que ás vendas físicas na nosa tenda. Póñase en contacto connosco se tes dúbidas, se queres información adicional ou se queres asesoramento para mercar o produto que mellor se adapte ás túas necesidades.
A nosa tenda
Amancio Deportes é unha tenda que responde ao modelo de negocio local tradicional.
Gústanos ser un negocio de barrio e esforzámonos por manter este tipo de relación cos nosos clientes e veciños. Cremos firmemente neste modelo de distribución amigable e próximo.
Ser un negocio local permítenos ofrecer unha ampla gama de produtos deportivos tanto na nosa tenda física como na tenda virtual.
Ademais da atención e asesoramento personalizado, en Amancio Deportes ofrecemos diferentes servizos complementarios pensados para resolver as necesidades dos nosos clientes.
Entre eles, ofrecemos:
- Análise da pegada con escáner 3D e diagnóstico de prono-supinación
- Servizo de montaxe de patíns
- Zona de trofeos con gravación propia
Avda. Rosalía de Castro, 38 Baixo
15706 – Santiago de Compostela (A Coruña)
– – – – – – – – – – – – – –
De luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:30.
Sábados de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Meses de xulio e agosto aberto a partir das 10:30 horas e sábados á tarde pechado.
– – – – – – – – – – – – – –
981 575 381
– – – – – – – – – – – – – –