Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Entrevista a Manu Castiñeiras

por | Jul 19, 2021

  • Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron?
  • Pois penso que a idea naceu de Amador e Damian, entre os 2 argallaron o reto. Cando mo propuxeron rápidamente me apuntei, non o pensei nese momento, se o pensara igual non me apuntaba tan rápido jaja.
  • Unha vez aceptado o reto e llo contactes aos teus familiares e amigos ¿Que che dixeron? E cando llo contestes aos compañeiros de equipo, ¿Como o tomaron?
  • Pois creo que foi xeralizado o comentario de estás tolo, si estaba seguro do que ía a facer.
  • O importante destos retos e a motivación persoal pero ¿tiñades algunha outra motivación de fondo? Quizáis algunha asocioación benefica ou algún patrocinador. E, no teu caso, ¿que te motivou a facelo? ¿Tomachelo máis como un reto individual ou colectivo?
  • A motivación era logralo facer, algo que non fixera ninguén antes, e logralo no menor tempo posible, tomeino como un reto colectivo, o importante foi con quen facelo mais que facelo, disfrutei moito dos meus 4 compañeiros e da xente do equipo que colaborou.
  • Imaxino que a organización dun evento destas dimensións non é fácil, non falo só de elexir data ou de repartir os tramos, tamén da preparación a nivel físico, mental e de alimentación. ¿Seguiches algunha estratexia específica?
  • A data elexiuse para ter as máis horas de día posibles. A estratexia marcarona Damian e Amador, bos coñecedores do terreo, en canto a alimentación nada en particular, intentar alimentarse ben e hidratarse ben despois de cada esforzo.
  • Unha vez chegado o día e te ves en Malpica, de noite, e tes que saír no medio da oscuridade por un terreo inestable e maiormente descoñecido ¿Que se che pasa pola cabeza?
  • Pois que ía a ser complicado, así e que o final mentres ceabamos alí en Malpica decidimos facer as etapas nocturnas por parellas.
  • Según iades avanzando o cansancio íase apoderando de vos, iso quizáis fixo que te olvidaras da motivación inicial e chegara a frustación ¿En algún momento pensaches en deixalo? Ou en algún momento sentiches que o corpo respondía pero a mente non, ou ao revés? De ser así, ¿como recuperaches a motivación?
  • Tiven momentos complicados a verdade, máis físicos que mentais, pero pensar en abandonar non, non quería deixar os meus compañeiros sos no reto.
  • Aínda que só corriades cinco atletas, había compañeiros de equipo e amigos apoiandovos, algúns presencialmente e outros a través das redes sociais. ¿Notabades ese apollo cando estabas sós subindo una costa ou no medio dunha praia?
  • O apoio dos compañeiros foi importante, sobre todo ao rematar cada etapa, aí estaban dispostos a axudar, no meu caso tiven a sorte tamén de que Nuria e Elena me acompañaron nunha etapa.
  • Todos sodes grandes deportistas e seguro que tivestes que afrontar retos moi esixentes nas vosas carreiras pero ¿Algún similar a este anteriormente?
  • Retos tan exisentes, tanto no mental como físico, como este non tiven que afrontar nunca, e creo que nunca máis afrontarei outro de este nivel jaja.
  • Dende logo que a experiencia non a ides olvidar e cada un de vos se quedará con pequenas anedotas que non esqueceredes, tanto boas como non tan boas ¿Que foi o mellor? ¿e o que cambiarias? 
  • O mellor foi poder facer este reto con Amador, Damian, Sanda e Jordi, son 4 cracks como atletas e como persoas, non creo que houbese mellor compañia para semellante reto. Non cambiaria nada, creo que o plantexamos o mellor posible dentro de que nunca nadie antes rematara este reto.
  • E por último, ¿Con que te quedas? ¿Que foi para ti a maior aprendizaxe desde reto?
  • Quedome có que decía anteriormente, coa xente coa que logrei o reto, uns cracks, e tamén cós que nos acompañron de apoio, o poder fotografiarnos todos xuntos no faro de Fisterra despois de 21 horas moi duras.

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Entrevista a Amador Pena

Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron? Pois a idea partir partir, partiu de min, porque teño moita relación coa costa da morte, aprendín a camiñar nela, pero o que máis...

Entrevista a Damián Espasandín

Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron? A idea de formar un equipo para competir ocurriuselle a Amador despois de ver este sistema nas redes e a outro equipo que o intentara...

1 Comentario

  1. Bart

    Menudo resurgir tuviste Manu despues de ese » pinchacito»…todos estabamos orgullosos de ti…

    Responder

Dejar una respuesta a Bart Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.