Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Entrevista a Damián Espasandín

por | Jul 20, 2021

  • Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron?
  • A idea de formar un equipo para competir ocurriuselle a Amador despois de ver este sistema nas redes e a outro equipo que o intentara antes.
  • Cando mo dixo non dudei nin un segundo en decir que si, a un reto así non se lle pode decir que no 😂
  • Unha vez aceptado o reto e llo contactes aos teus familiares e amigos ¿Que che dixeron? E cando llo contestes aos compañeiros de equipo, ¿Como o tomaron?
  • Cando o comentei cos meus amigos todos me dixeron se estabamos tolos pero non dudaron en animar a facelo.
  • O importante destos retos e a motivación persoal pero ¿tiñades algunha outra motivación de fondo? Quizáis algunha asocioación benefica ou algún patrocinador. E, no teu caso, ¿que te motivou a facelo? ¿Tomachelo máis como un reto individual ou colectivo?
  • Eu xa correra este ultra de forma individual e foi unha das mellores experiencias que vivín na miña vida. Dixen que algún día o repetiría e esta era a oportunidade. Afronteino como un reto individual pero tamén colectivo xa que o ser por relevos sempre levas esa motivación extra por cumplir co equipo e dalo todo por eles a sabiendas de que están facendo o mesmo.
  • Imaxino que a organización dun evento destas dimensións non é fácil, non falo só de elexir data ou de repartir os tramos, tamén da preparación a nivel físico, mental e de alimentación. ¿Seguiches algunha estratexia específica?
  • Tratandose de tantos kms e tantas horas conleva unha boa organización. Pasamos varios días entre reunións e mensaxes para tratar de ter todos os cabos ben atados e que nada fallara xa que un erro podía botar a perder todo. A nivel estratéxia coidei a alimentación moito durante toda a semana anterior e despois tamén me tratei de preparar ben mentalmente para asimilar e levar da mellor forma posible as 20 horas e todo o cansacio que nos quedaba por diante.
  • Unha vez chegado o día e te ves en Malpica, de noite, e tes que saír no medio da oscuridade por un terreo inestable e maiormente descoñecido ¿Que se che pasa pola cabeza? 
  • Pois a verdade é que estaba moi animado e con moitas ganas de correr de noite. Non me daba chegado a hora de facer a miña etapa. O único que se me pasaba pola cabeza e tratar de correr o máis rápido posible pero aforrando enerxias para todo o que faltaba e sobre todo tratando de evitar posibles caidas. Correr de noite por ese terreno non deixa de ter un certo perigo pero é unha experiencia única. Estás ti solo en contacto directo coa natureza, é unha maravilla gratuita.
  • Según iades avanzando o cansancio íase apoderando de vos, iso quizáis fixo que te olvidaras da motivación inicial e chegara a frustación ¿En algún momento pensaches en deixalo? Ou en algún momento sentiches que o corpo respondía pero a mente non, ou ao revés? De ser así, ¿como recuperaches a motivación?
  • Nunca pensei en abandonar, todo o contrario, según iban pasando os kms máis ganas tiña de seguir e máis claro tiña que non ía abandonar. A miña mente traballa ben nestas situacións, o corpo… xa de anteman sabía que ía haber molestias, sono, fame…  pero a cabeza manda.
  • Aínda que só corriades cinco atletas, había compañeiros de equipo e amigos apoiandovos, algúns presencialmente e outros a través das redes sociais. ¿Notabades ese apollo cando estabas sós subindo una costa ou no medio dunha praia?
  • Por suposto que se nota o apoio, é fundamental. Cando vas mal e de repente te encontras alguén que che fala, que che anima e que che acompaña uns metros dache a vida. 
  • Todos sodes grandes deportistas e seguro que tivestes que afrontar retos moi esixentes nas vosas carreiras pero ¿Algún similar a este anteriormente?
  • Como comentei antes eu xa fixera este ultra de forma individual polo tanto penso que me axudou bastante a completar este. Levarame o doble de horas polo tanto iba pensando que se o conseguira por aquel entón tamen tiña que poder facelo agora.
  • Dende logo que a experiencia non a ides olvidar e cada un de vos se quedará con pequenas anedotas que non esqueceredes, tanto boas como non tan boas ¿Que foi o mellor? ¿e o que cambiarias?
  • O mellor foi sen dubida algunha o comportamente do resto dos compañeiros. En 20 horas, e despois de todo o esforzo acumulado, sempre houbo moi bo rollo e alegría. Uns animandose e tirando dos outros, para min foi un auténtico placer compartir esto con grandes persoas e atletas. Non cambiaría nada en absoluto, de feito repetiría co mesmo equipo sin dudalo.
  • E por último, ¿Con que te quedas? ¿Que foi para ti a maior aprendizaxe desde reto?
  • Aprendín que a cabeza manda sobre o corpo, e que o corpo aguanta máis do que pensamos. Solo é cuestión de querer!

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Entrevista a Jose Sandá

Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron? Ocorreuselle a Amador. Eu sempre tiven as ganas de facer esa ruta, de feito xa fixera algún tramo corrrendo e cando mo comentou eu...

Entrevista a Jordi Carrasco

Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron? A idea foi do alma máter da SD Compostela Atletismo que é Amador Pena. O día que o propuxo eu penso que fun o primeiro en aceptar o reto....

1 Comentario

  1. Bart

    A tua experiencia nesta ruta foi moi importante para rematar tan ben como o fisestes…olé

    Responder

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.