Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xaneiro 21 e 22 – Angrois, Cross Xogade e máis

por | Ene 27, 2023

A SD Compostela Atletismo regresou do Campionato Galego de Cross Máster celebrado en Ribadavia cunha morea de éxitos, tanto a nivel grupo como individual: título galego do equipo feminino Máster 45 e dous subtítulos galegos para os equipos masculinos Máster 35 e Máster 45. Tres grandes fazañas grupais que estiveron acompañadas dos grandes resultados a nivel individual.

 Julia Vaquero e Amador Pena proclamáronse campións galegos de campo a través nas súas respectivas categorías, 50F e 40M. Tamén resultaron premiados os nosos Fernando González como subcampión do grupo 55M, e Miguel Ángel Barral e María Tarrío como os terceiros mellores do seu grupo de idade, 35M e 45F.

Nos resultados por equipos foron determinantes os resultados de todos os compañeiros que participaron neste Campionato Galego:

Martín Abelenda (15º 40M), Manuel Castiñeiras (20º 40M), Roi Manuel García (28º 40M), Marcelo Lanza (7º 45M), José Antonio Gontán (3º 50M), Emilio García (12º 45M), Antonio Vázquez (5º 50M), Xosé Antón Barreiro (14º 50M), Francisco Dapena (5º 70M) e Juan Luis Botana (8º 65M) na proba masculina. Na carreira de mulleres tivemos a: Martina López (4º 45F), Beli Bermúdez (7ª 45F), Camila Clarisse (10ª 35F), Sonia González (10ª 45F), Josefina Riber (11º 45F), María Maroñas (15ª 40f) e Malena Amigo (8ª 50M).

O circuito de cross de Ribadavia tamén acolleu, durante a xornada matinal, o Campionato Xunta de Galicia de Categorías Menores “26º Memorial Alejandro Lorenzo”. Alí estiveron un numeroso grupo de cativos e cativas da Esedé gozando, por segunda semana consecutiva, dunha proba de campo a través. Paula Fernández acadou un gran resultado como a 3ª mellor atleta Sub16 de Galicia nesta modalidade.

En Sub10 feminino: Noa López e Daniela Gil
4º posto por equipos en Sub10 masculino coa participación de: Xan Vilas, Xián Martínez, Alex Pena, Xandre Dapena, César Ramos e Diego Amboage.
Lois Abel Méijome foi o único representante na proba Sub12; mentres que en Sub14 estiveron: Clara López, Lucía Taboada, Irene Leis, Clara Leis, Martina Rodríguez e Carme Dapena.
Tamén tivemos a Iago Mateos (24º) en Sub16 e a Julia Salvado (11ª) e Nicolás Losada (41º ) en categoría Sub18.

A nosa Ainoa Gontán regresou da súa convocatoria coa selección galega Sub20 cun meritorio 6º posto por equipos no Campionato Nacional de campo a través en Ortuella (Biscaia). Ainoa asinou unha excelente carreira, nun circuito enlamado e de moita dureza, entrando no posto 17º da clasificación xeral feminina Sub20, segunda do combinado galego.

Na fin de semana de citas deportivas tamén houbo representación compostelanista no I Trofeo Laranxa de Atletismo en Pista Cuberta de Ourense. Santi Dapena foi 6º da súa serie nos 400m (57.05) e 1º da correspondente final nos 200m (25.26). Cristian Danis, en 800m, foi 3º da serie (2:14:20). Cielos Caderno realizou unha magnífica carreira nos 60m en que foi 1º da serie con 8.74, e posteriormente 4ª nos 200m (29.34).

En canto ás probas pola montaña, dúas das nosas rapazas, participaron no Trail Costa Doce de Sada, na modalidade curta con 14 quilómetros e 480m de desnivel positivo e 570m negativo. Paula Esteiro alzouse coa vitoria absoluta nun tempo de 1:33:58, seguida por Lucía Rodríguez que foi 4º absoluta (2º VET) parando o crono en 1:36:58.

💙🤍Forza Compos !🤍💙

1 Comentario

  1. SD_Compos7658

    Comentario *

    Responder

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

ENTREVISTAS

No se encontraron resultados

La página solicitada no pudo encontrarse. Trate de perfeccionar su búsqueda o utilice la navegación para localizar la entrada.

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Crónica verán, fináis de Agosto

Crónica verán, fináis de Agosto

Rematamos o mes de Agosto repasando todo o que deron de sí as últimas citas deportivas para os atletas da SD Compostela Atletismo. En plena época estival o Campionato Galego de Milla en Ruta non fallo á súa cita na localidade lucense de Lourenzá. Os atletas...

1 Comentario

  1. SD_Compos7658

    Comentario *

    Responder

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.