Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xuño 9/10/11 Silleda, Esgos, Compostela e máis

por | Jun 12, 2023

Iniciamos a fin de semana vestíndonos de gala para asistir ao evento de entrega de premios dos gañadores do circuíto de carreiras Corre San correspondentes aos anos 2019 e 2023. Amador Pena e Ainoa Gontán recibiron o trofeo que os acredita como campións absolutos deste circuíto de carreiras de Santiago de Compostela, título que recoñece os seus inigualables resultados nas 4 probas que compoñen a CorreSan, así como vencedores das súas respectivas categorías Máster1 e Sub18. Amador Pena suma 6 anos consecutivos no podio absoluto e Ainoa vai camiño de facer historia con tan só 18 anos. Xunto a eles tamén estivo Elena Veres, 3ª absoluta e 1ª da categoría senior.

Julia Salvado, Iván Abeledo, Gerardo Cachafeiro, María Tarrío, José Sandá, Lucía Taboada e Iago Materos foron galardonados dentro das súas categorías. Por equipos populares, as nosas atletas femininas foron as mellores e alzáronse co título grupal.

 

Mentres, en Silleda, desenvolvíase a xa tradicional carreira Abanca Semana Verde. Alí tivemos a Manuel Castiñeiras, primeiro atleta da Esedé en cruzar a liña de meta (16M); Nuria Mejuto, terceira muller máis rápida da proba que levou dobre premiación pola clasificación xeral e como 1ª senior; Pablo Fernández (37M) chegando tan só uns segundos por detrás de Nuria; María Maroñas que foi 2ª MásterA e Malena Amigo tamén premiada como 2ª MásterC.

Entre os cativos desprazados a Silleda: África Gil participou da proba Sub18/16/14 e Xián Martínez (1) e Daniela Gil (2) completaron a carreira para Sub10 e Sub12.

Marcelo Lanza foi un dos atletas da SD Compostela Atletismo que fixo dobrete esta fin de semana. O sábado debutou nos 800m aire libre, no III Trofeo Mariano Castiñeira celebrado en Lugo, cun tempazo de 2:13.43 e o domingo estivo na proba do Corre con Nós (8M) conseguindo, nada menos, que o 1º posto V50. Santi Dapena, presente nos 800m, abandonou con molestias.

No Trofeo Atletismo Barbanza tivemos a Paula Fernández, deixando a un lado os 3.000m e probando nos 600m que completou en 1:46.65 como 1ª da serie.

As cores da Esedé foron moi visibles na carreira solidaria pola Esclerose Múltiple que tivo lugar o domingo polas rúas do Campus Sur de Santiago de Compostela. A participación dunha ampla representación de atletas compostelanistas foi determinante para levar o premio como o 3º mellor equipo. Antonio Vázquez (18M), María Tarrío (1F), Juan José Alvarellos (40M), Joaquín Sangiovanni (41M), Nuria Mejuto (2F), Juan Luis Botana (50M), Francisco Pena (74M), Juan Luis Botana (75M), Lucía Piñeiro (12F) e Malena Amigo (25F), contribuiron, coa súa participación, a visibilizar e sensibilizar sobre esta doenza con motivo da celebración do Día Mundial da Esclerose Múltiple.

En Bueu, Sindo González foi quen de completar os 5 quilómetros da II Carmiña Carreira en 22:16, chegando na 5a posición xeral.

O domingo tamén era día de trail e os nosos atletas máis apaixonados da montaña déronse cita en Esgos (Ourense) con motivo do Campionato de Galicia de Montaña. A nosa entidade estivo moi ben representada e logo de 12,9 quilómetros de proba, todos os compostelanistas remataron con plena alegría a súa participación en dito campionato. Roberto Salvado proclamouse campión da categoría M50, acompañado no podio por Juan Luis Amigo como 3º clasificado. Éxitos para Valeria Batire Guridi, que se alzou co título Sub20, e para Silvia Fernández como 2ª M35.

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Crónica verán, fináis de Agosto

Crónica verán, fináis de Agosto

Rematamos o mes de Agosto repasando todo o que deron de sí as últimas citas deportivas para os atletas da SD Compostela Atletismo. En plena época estival o Campionato Galego de Milla en Ruta non fallo á súa cita na localidade lucense de Lourenzá. Os atletas...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.