Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Setembro 28/29 Compostela, Berlín e máis

por | Oct 3, 2024

Implicación, participación e solidaridade. Tres palabras que definen a fin de semana deportiva para a SD Compostela Atletismo.

Implicación dos nosos atletas na tan agardada Milla Urbana Portas de Compostela, unha proba celebrada na casa da que moitos dos nosos, tanto adultos coma cativos, quixeron tomar parte e deixar a súa rúbrica na historia da milla.
Amador Pena, David Martínez, Emilio García, Alberto Mariño, Manuel Castiñeiras, Laureano Varela, Jesús Barral, Carmen del Río, Miguel Gómez, Carlos Casal e Martiño Placer nas probas absolutas e Iván Rey, Leo Gándara, Gonzalo Pérez, Paula Fernández, Martina López, Clara López, Vega Pérez, Candela Núñez, Clara Fernández, Ainhoa Reboiras, Noa López, Enma Canitrot, Daniela Gil, Xian Martínez, Xan Vilas, Diego Amboage, Paula Canitrot e Mariña León nas diferentes probas de categorías inferiores, correron o domingo polas festivas rúas compostelás.

Outra das citas próximas á cidade na que se viron camisolas da Esedé foi a carreira Popular de Touro 10K. Alí, o noso atleta Alberto Mariño, foi o vencedor da proba, e a nosa Silvia Fernández, foi 4a xeral e levantou trofeo como 1a atleta máster. Tamén participaton na proba José Sandá e Luis Miguens.

Participación grupal na Carreira de Santa Uxía de Ribeira; dentro circuito de Carreiras do Barbanza. Soledad Leiro, chegando no segundo posto, e Alberto Mariño, chegando de 10, foron os mellores dos nosos na distancia dos 10K. Tamén cubriron a distancia os nosos: José Suarez Leis, David Martínez, Gerard Cachafeiro, Manuel Castiñeiras, Laureano Varela, Iván Solís e Carmen Otero.

Moi pretiño das rúas ribeirenses, os nosos Roberto Salvado e Julia Salvado coronaron o máis alto da Curota nesta proba de ascenso por asfalto de gran esixencia. Julia proclamouse vencedora absoluta.

Solidaridade na Carreira de Leo en Meis e As Pontes Contigo en As Pontes. Na proba de 5K celebrada na villa cambadesa tivemos a Andrea Cores, que foi 2a xeral, Pilar Gómez, Malena Amigo e Sindo González. Mentres, en As Pontes, a nosa Conce Noia completou os 5 quilómetros de carreira solidaria cunha meritoria 12 posición feminina.

Volveu o circuito urbán de Ourense e con el o noso Alejandro Montero retomou a sús participación nas clásicas carreiras da súa cidade. Nesta ocasión acadou o 8 posto xeral e 2 Senior na proba da Ponte.

Outros dos éxitos deportivos da fin de semana foi o de Enrique Suárez coa súa victoria no Urban Trail de Bergondo.

Juan Amigo, quen tamén nos ten acostumados ás distancias longas, superou desta volta os nada menos que 101 quilómetros das 21 Leguas de Narón cun tempo de 12 horas e 54 minutos.

A media maratón de Ponferrada, “21 lunas y media” foi outra das carreiras que centrou a atención compostelanista. Alí a nosa camisola entrou na primeira posición femenina da man de María Tarrío como vencedora da proba. Tamén tivemos a Antonio Vázquez e a Juan José Alvarellos, quenes disfrutaron das rúas ponferradinas no tempo do solpor.

Fora da nosa terra, tamén tivemos a Martina Gestal, defendendo as nosas cores por Portugal, na Meia Maratón Ameal, entrando como cuarta absoluta e terceira de categoría.

Por último, en Berlín, tivemos a tres dos nosos atletas cumplindo o soño de correr unha das grandes Majors do mundo; a Maratón de Berlín. Elena Veres, Joaquín Sangiovanni e Nuria Mejuto asinaron no gran libro da historia dos Maratóns mundiais completando os 42 quilómetros polas rúas alemás. O trío compostelanista atravesou a Porta de Brandemburgo con bágoas nos ollos pero cunha inmensa satisfacción.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica novembro 16/17 Itálica, Vigo e máis

Crónica novembro 16/17 Itálica, Vigo e máis

¡A SD Compostela Atletismo presente no Campionato de España de Campo a Través! A nosa entidade vén de asinar un novo capítulo na súa historia deportiva coa participación de tres equipos no Campionato de España de Campo a través de Clubs e Cross Internacional de...

Crónica novembro 9/10 San Martiño, Behobia e máis

Crónica novembro 9/10 San Martiño, Behobia e máis

O mes de Novembro trouxo consigo unha das carreiras clásicas do outono: a San Martiño de Ourense. Unha proba en que a chuvia tamén quixo ser protagonista pero que non impediu que se citaran máis de 3.000 atletas para percorrer as rúas ourensás. Entre eles moitos dos...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.