Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Marzo 26 Vig-Bay

por | Mar 27, 2023

PEREGRINAXE ATLÉTICA DE VIGO A BAIONA

Arredor de 4000 persoas disputaron este pasado Domingo unha das probas máis numerosas de Galicia, a Vig-Bay!

20 anos xa dende a primeira edición desta media maratón con distancia homologada que une Vigo-Nigrán-Baiona.

Unha carreira que non fai outra cousa que medrar cada ano froito do seu bo facer cos atletas.

Unha competición lineal co noso potente atlántico como testemuña do esforzo de cada un dos participantes.

A TODA COSTA é un dos lemas da organización que os nosos atletas do Compos tomaron como propio.

Carlos Casal foi o atleta máis destacado cun crono de 1h15’ que o situou nun fantástico posto 21º. Poucas veces temos a sorte de contar co noso atleta afincado en terras Británicas, un atleta clásico das probas galegas dende sempre.

Javier de Dios tamén se mantivo nos primeiros postos novamente, cun 37º gracias a súa fantástica marca de 1h17’.

E aínda tivemos a outro atleta nos 50 primeiros, Martin Abelenda, que fixo MMP con 1h18’.

Joaquín Sangiovanni foi outro dos nosos atletas na liña de meta de Baiona, con 1h35’, en plena preparación da media maratón de Madrid na que xa chegará máis rodado despois dun parón vacacional.

Con 1h36’ chegou outro dos nosos, Segundo Domínguez, disfrutando pouco a pouco, cada vez, de máis competicións.

Na versión curta desta proba, denominada Mini-Bay, que vai dende Nigran a Baiona, tamén tivemos representación, entrando no «Top Ten» estivo Juan Carlos Raviña, sendo 8º clasificado na xeral e 2º da súa categoría, nos algo máis de 10’5kms.

 

Vig-Bay 2024 xa nos agarda…

 

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Crónica verán, fináis de Agosto

Crónica verán, fináis de Agosto

Rematamos o mes de Agosto repasando todo o que deron de sí as últimas citas deportivas para os atletas da SD Compostela Atletismo. En plena época estival o Campionato Galego de Milla en Ruta non fallo á súa cita na localidade lucense de Lourenzá. Os atletas...

0 comentarios

Trackbacks/Pingbacks

  1. Crónica Marzo 25/26 Cross «Unha tarde con Samuel» e máis | SD Compostela - Atletismo - […] de 4000 persoas disputaron este pasado Domingo unha das probas máis numerosas de Galicia, a Vig-Bay! E como non…

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.