Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Marzo 11/12 Laredo, San Silvestre e máis

por | Mar 15, 2023

A chuvia foi compañeira dos atletas da SD Compostela Atletismo nesta fin de semana deportiva. A representación da Esedé foi destacable tanto na cita local da San Silvestre de Santiago de Compostela como na 10k Villa de Laredo.

Dous dos nosos atletas máis novos, Paula Fernández e Iago Mateos, deron un paso máis na súa progresión participando no Campionato Galego de Pista Cuberta de Ourense para atletas Sub16. Paula acadou a segunda posición na proba dos 3.000m cun tempo de 10:27.45, marca mínima que lle permite asistir ao Campionato de España Sub16 que se celebrará a finais de Marzo en Ourense. Ademais, como xa adiantamos a pasada semana, a nosa atleta formará parte do combinado galego feminino Sub16 no Campionato de España por Autonomías de Campo a través desta fin de semana.
En canto ao noso Iago Mateos, que pasou á final dos 300m entre os 12 mellores tempos, parou o crono en 41.28, mellorando a súa marca anterior.

Unha veintena de atletas compostelanistas estiveron o sábado pola tarde na San Silvestre de Santiago de Compostela e Campionato de Galicia de 5 quilómetros correspondente ao 2022, logo de suspender por mor da climatoloxía adversa o día propio, 31 de Decembro.
Entre os nosos premiados; Emilio García foi 1º M45, Hugo Taibo 2º M20 e Roi Manoel García 3º M40. Tamén Juan Luis Botana e Francisco Pena levaron medalla como 3º M65 e 3º M70, respectivamente. Entre as nosas atletas femininas, María Ramos acadou a 2ª posición da categoría Senior. Polas rúas de Compostela tamén tivemos a: Gerardo Cachafeiro, Francisco Méndez, Antonio Carneiro, Daniel García, Jorge Castro, Laureano Varela, Juan José Alvarellos, Tania Alcalde, Francisco Javier Carneiro, Jesús Cabo, Juan Luis Botana Ferreiro, Juan Luis Botana Mosquera, Silvia Fernández, Xosé María Rodríguez, André Rodríguez, Lucía Piñeiro, Xana Senín e Antonio Vázquez.
Julia Vaquero e Lucía Rodríguez foron as dúas representantes da sección compostelanista na proba coruñesa 10K “Costa Ártabra” en que Julia foi a 2ª muller en atravesar a liña de meta (1ªMáster3) cun tempazo de 40:17 e Lucía asinou a 5ª posición xeral (2ª Máster2).

Considerada como unha das carreiras máis rápidas de España de 10K e homologada pola Real Federación Española de Atletismo, celebrouse este sábado na vila cántabra de Laredo a 10K Villa de Laredo. A cita congregou a un amplo número de atletas compostelanistas, un total de 12, sendo un dos 10 clubs máis numerosos nesta aclamada cita do atletismo español.
As primeiras en medirse ao circuito foron: Iván Solís (37:49), Elena Veres (40:40), María Tarrío (41:46), Nuria Mejuto (45:03), Pablo Fernández (45:47) e Malena Amigo (56:27). Na proba “elite”, de gran nivel e esixencia, estiveron: Amador Pena (32:12), Miguel Ángel Barral (33:24), Jose Sandá (34:36), Marcelo Lanza (34:59), Manuel Castiñeiras (36:55) e Pedro Pazos (39:18).

Continuamos traballando e avanzando neste mes de Marzo con numerosas citas importantes, como o control de Marcas da FGA nas pistas de Atletismo da USC este mércores, así como como as que terán lugar na fin de semana e nas que estaremos participando e gozando de realizar este deporte entre compañeiros; entre elas: o Campionato de España de Cross Categoría Máster en Toro (Zamora), a Corre San Barrio de San Pedro ou Campionato Galego de 5K en As Pontes.

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Crónica verán, fináis de Agosto

Crónica verán, fináis de Agosto

Rematamos o mes de Agosto repasando todo o que deron de sí as últimas citas deportivas para os atletas da SD Compostela Atletismo. En plena época estival o Campionato Galego de Milla en Ruta non fallo á súa cita na localidade lucense de Lourenzá. Os atletas...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.