Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Febreiro 18/19 CorreSan e Trillazo

por | Feb 21, 2023

· Amador Pena e Elena Veres, premiados na carreira Corre San – Ruta dos Parques na proba absoluta

· Paula Fernández e Iago Mateos destacan en Escolares 2 no Parque de Euxenio Granell

. Amador Pena, gañador virtual do Circuíto Corre San a falta da última proba no Barrio de San Pedro

A terceira das probas do Circuito Corre San de Santiago de Compostela congregou a un gran número de atletas da SD Compostela Atletismo que, coa emoción de correr de novo na casa, aproveitaron a tarde solleira do sábado para compartir unha experiencia máis en equipo. A animosidade palpábase no ambiente xa na explanada da Cidade da Cultura, punto de saída desta fermosa proba que remataría no Parque Euxenio Granell logo de atravesar o Bosque de Galicia e o paseo das Brañas do Sar. Despois dunha saída, rápida e explosiva, e das pendentes baixadas polos sendeiros do Monte do Gaiás, seguíronlle máis de 3 quilómetros dende a Ponte de Sar ata a meta, ademais da xa tradicional volta polos xardíns do parque santiagués. No cadro masculino, Amador foi o segundo atleta máis rápido da proba, con 17:06, mentres que, entre as atletas femeninas, Elena Veres entrou en terceiro lugar (21:09). Con estes resultados, Amador sitúase como o gañador virtual do popular circuito santiagués a falta de celebrarse a proba que porá punto final o día 18 de Marzo polas rúas do barrio de San Pedro.
Houbo moitas camisolas da Esedé entre os máis de 400 corredores que se deron cita na Cidade da Cultura.

En Adultos: José Sandá (13M), Gerardo Cachafeiro (31M), Xosé Antón Barreiro (49M), Iván Abeledo (50M), Antonio Vázquez (55M), Fernando Paz (64M), Jesús Barral (78M), Santi Dapena (79M), Daniel García (84M), Jorge Castro (90M), María Tarrío (4F), Julia Salvado (7F), Juan José Alvarellos (114M), Laureano Varela (123M), Fernando Casal (141M), Pablo Fernández (143M), Nuria Mejuto (19F), Juan Luis Botana (163M), Camila Clarisse (23F), Beli Bermúdez (25F), Francisco Javier Carneiro (192M), Juan Luis Botana (196M), Laura Botana (27F), Jesús Cabo (222M), Silvia Fernández (57F), Francisco Pena (240M) e María Codesido (109F).

Nas probas para escolares que se desenvolveron con posterioridade á carreira absoluta, brilaron a nosa Paula Fernández, como 1ª da súa categoría e 4a da proba xeral, chegando moi preto dos primeiros rapaces; entre eles o noso Iago Mateos 3o nos 2,4 quilómetros de percorrido. Nesta distancia tamén tivemos a Gonzalo Pérez e Lucía Taboada. Entre os máis cativos, cunha distancia de 1,2 quilómetros, participaron: Vega Pérez, Xián Martínez, María Sesar, Claudia Castro, Noa López, Xabi Alegre e Daniela Gil.

Ademais, en Trazo, no xa tradicional Trillazo de Entroido, tivemos portando a camisola branquiazul a nosa atleta Sub14 Daniela Maceiras.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica outubro 12/13 Compostela, Fisterra e máis

Crónica outubro 12/13 Compostela, Fisterra e máis

Unha fin de semana máis, a ESEDÉ amosou o seu compromiso co deporte galego e, en particular, coas carreiras populares. Foron moitas e moi diversas as citas nas que se viron camisolas branquiazuis tanto na xornada do sábado como do domingo. Os máis madrugadores do...

Crónica Outubro 5/8 Brión, Coruña e máis

Crónica Outubro 5/8 Brión, Coruña e máis

Exhibición da SD Compostela Atletismo en Brión, onde se deron cita un numeroso grupo de atletas para disfrutar dunha tarde de deporte pasada por auga. Pero como non hai choiva que nos pare, competimos e celebramos un meritorio 3o posto por equipos, gracias aos...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.