Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Abril 9 Campionato de trail Curota

por | Abr 11, 2023

A SD Compostela Atletismo coróase campioa de Galicia no máis alto da Curota.
Campións por equipos.
Subcampionato galego para Amador Pena
– Mencía Reborido, debut con título Sub23
Título autonómico Sub20 para Valeria Batire
Pablo Fernández (Filial Ribadeo) Bronce sub23
Xosé María Rodríguez, Subcampión M45
Antonio Vázquez, Subcampión M50
As 10:00 da mañá e co mirador da Curotiña como testemuña, partían os nosos valerosos atletas para enfrontarse cunha das carreiras máis duras dentro do calendario federativo Galego, 26kms por diante con duras subidas e potentes baixadas que porían a proba as capacidades dos atletas, O mesmo Valle Inclán que cada semana nos observa dende a alameda compostelá nos nosos adestramentos, percorría estos montes para inspirarse na súa obra dende as alturas, o potente sol nun percorrido sen apenas sombra, e as altas temperaturas foron máis características de meses de Xuño que de primeiros de Abril, o que fixo que algún dos nosos atletas como Pablo Fernández tivera máis problemas do habitual a partir da forte subida polas pozas do río Pedras e que tamén fixo retirarse a Fini a poucos kms do final e que Silvia chegase por moi pouco por riba das 4 horas.
Destacada actuación dos nosos, o que lles serviu para traer para a capital de Galicia o título autonómico por clubs, Amador Pena que foi o primeiro campión de Galicia de trail fai xa 8 anos, faríase desta vez co Sub campionato nunha carreira de menos a máis na que rematou con moi bo ritmo.
Xosé María Rodríguez estaría no TOP 10 moi preto de Amador, acadando ademáis o subcampionato de Galicia de M45, unha categoría cun gran nivel competitivo.
Alex Tuñas debutaba coas nosas cores, residente en Suiza e apaixoado das probas de montaña, foi o terceiro en meta dos nosos integrantes, cun tempo de 2h43’ sendo 6º Senior.
Fran Méndez é un clásico das probas de monte, cunha grande experiencia, pero que leva meses sen adestrar e competir, polo que o seu resultado é dos máis meritorios xa que foi o noso 4º atleta en meta nun fantástico 7º posto en M45 con pouco máis de 3 horas de carreira.
Antonio Vázquez chegou pretiño de Fran, acadando o sub campionato de Galicia M50 cunha caída incluída nos últimos kms.
As rapazas do Compos seguen a dar que falar, e cada día imos a máis!
Debutaban coas cores azul e branca Mencia Reborido, que xa sabía o que é gañar un trail, nesta ocasión os montes da Pobra daríanlle un título de Campioa Sub23 como premio ao esforzo tras os 26kms, inmellorable debut.
Valeria Batire, especialista nas probas de Canicross faría unha carreira espectacular para facerse co título de campioa de Galicia Sub20, aventaxando en case media hora a súa máis directa perseguidora.
Na proba popular tamén estivo Jorge Castro que fixo unha magnífica carreira na distancia de 14kms sendo 16º da Xeral e 8º máster
Pista, cross, ruta, trail… sempre disfrutando e sempre competitivos!

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Crónica verán, fináis de Agosto

Crónica verán, fináis de Agosto

Rematamos o mes de Agosto repasando todo o que deron de sí as últimas citas deportivas para os atletas da SD Compostela Atletismo. En plena época estival o Campionato Galego de Milla en Ruta non fallo á súa cita na localidade lucense de Lourenzá. Os atletas...

Crónica verán, fináis de Xullo e comezos de Agosto

Crónica verán, fináis de Xullo e comezos de Agosto

Temos moitas crónicas atrasadas pero eso non quere decir que os nosos deixaran de competir, nin moito menos! Comezamos polas últimas competicións de xullo, con éxito absoluto dos nosos! Cristian Muiño e Mencía Reborido gañadores absolutos na popular de Baio. Na II...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.