Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Abril/Maio 29/30/01 SantYaGo, Frades e máis

por | May 2, 2023

Nunha fin de semana longa con festividade o luns, a xornada deportiva comezou para os nosos deportistas o venres pola tarde no control de marcas organizado pola Federación nas pistas da USC. Iago Mateos estivo nos 300 metros, xunto con William Perrín, que tamén probou en Lonxitude. Mentres Antonio Vázquez participou da proba dos 800 metros e dos 3.000 metros.
En canto ás nosas atletas; Vanesa Fernández e Xana Senín correron os 100 metros, onde tamén estivo Malena Amigo que fixo triple participación en Peso e 800 metros.
Lucía Taboada, Clara Leis e Irene Leis estiveron nos 150 metros, ademais de competir 500 metros. Julia Pérez e Xana Senín fixeron tamén os 300 metros e, na última proba da tarde, os 3.000 metros, Paula Fernández e Elena Veres completaron con méritos.
Unha nova xornada de XOGADE para os atletas en idade escolar citou aos deportistas da zona na Pobra do Caramiñal na mañá do sábado. Unha ampla representación compostelanista gozou desta cita deportiva ao aire libre:
* 50 metros: Xián Martínez, Xandre Dapena, César Ramos, Daniela Gil, Martina Catoira e Noa López.
* 60 metros: Vega Pérez e Uxía Muñoz.
* 80 metros: Gonzalo Pérez, Carme Dapena e Martina Rodriguez.
* Altura: Gonzalo Pérez e Irene Leis
* Lonxitude: Xandre Dapena, Alex Pena, Vega Pérez, Uxia Muñoz, Enma Catoira, Daniela Gil, Martina Catoira e Noa Lopez
* Peso: César Ramos
* Xabalina: Clara Leis e Martina Rodriguez
* Relevos Mixtos 4x50m

Foron dúas as citas deportivas no asfalto que congregaron a un maior número de atletas compostelanistas: a Carreira Nocturna SantYago 10K e a Pedestre de Frades.
Os farois das rúas santiaguesas alumearon o camiño dos corredores que se citaron o sábado na nosa cidade nunha das carreiras máis especiais do calendario deportivo. Foron moitos os compoñentes da Esedé que participaron da tradicional proba nocturna na que veciños e amigos tamén se unen á celebración deportiva cos seus ánimos e aplausos. Con saída da Rúa San Francisco, milleiros de atletas cruzaron o Campus Norte, percorreron a Alameda e atravesaron parte da zona nova, para adentrarse nos quilómetros máis especiais e vibrantes: os que transcorren pola zona emblemática de Santiago de Compostela ata a meta na Praza do Obradoiro. Martín Abelenda, José Antonio Gontán, Marcelo Lanza, Ivan Solís, Pedro Pazos, Antonio Vázquez, José Sandá, Daniel Garcia, Fernando Paz, Antonio Carneiro, Elena Veres, Manuel Castiñeiras, Segundo Domínguez, Jorge Castro, Laureano Varela, Valeria Batire, Nuria Mejuto, Juan José Alvarellos, Juan Luis Botana, Pablo Fernández, Lara Salgado, Fran Méndez, Juan Luis Botana e Sílvia Fernández formaron parte da carreira nocturna.

A Carreira Popular Concello de Frades foi outro evento en que as cores azuis e brancas foron protagonistas. A festa da Esedé foi maiúscula logo de acadar o dobre trunfo por equipos, tanto en categoría masculina coma feminina. Ainoa Gontán e Elena Veres destacaron como 3a e 4a clasificadas absolutas e xunto con María Tarrío, Mencía Reborido, Valeria Batire Guridi, Nuria Mejuto, Fini Riber, Beli Bermúdez, Laura Botana, Sílvia Fernández, Lucía Piñeiro, Malena Amigo e María Maroñas subiron ao mais alto do podio por equipos.
No eido masculino, os resultados de Amador Pena, Alejandro Montero, Gonzalo Cao, José Sandá, José Antonio Gontán, Sindo González, Manuel Castiñeiras, Jesús Barral, Francisco José Cuenca, Daniel García, Antonio Carneiro, Juan Amigo, Jorge Castro, Laureano Varela e Juan Luis Botana auparon a SD Compostela Atletismo como mellor equipo masculino.
Entre os participantes máis novos tivemos a Alex Pena en Sub10 (1) e a Claudia Castro en Sub14 (7).
Os integrantes da Esedé deixaron pegada en Frades despois dunha entrega de premios con representación compostelanista en case todas as categorías da proba.

Julia Salvado e Roberto Salvado participaron no Castro Trail Extreme de Barbadás, segunda proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña. A nosa Julia foi gañadora absoluta no Trail Curto 13Km (1a Xuvenil) e Roberto foi 7 absoluto (1o veterán).

Paula Esteiro foi a única representante compostelanista na VII Volta/Andaina Illa de Ons 2023, de aproximadamente 20 quilómetros, obtendo a 7a posición feminina.

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Crónica verán, fináis de Agosto

Crónica verán, fináis de Agosto

Rematamos o mes de Agosto repasando todo o que deron de sí as últimas citas deportivas para os atletas da SD Compostela Atletismo. En plena época estival o Campionato Galego de Milla en Ruta non fallo á súa cita na localidade lucense de Lourenzá. Os atletas...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.