Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

COMUNICADO DA SD COMPOSTELA ATLETISMO

por | Feb 18, 2023

Ante as informacións aparecidas nos medios de comunicación e publicada pola federación Portuguesa de atletismo onde se informa dunha sanción de 4 anos por consumo de cocaína do noso atleta Nuno Costa, queremos deixar claro que:

1 — Nuno Costa pasa un de tantos controis de dopaxe durante unha proba deportiva, tempo despois é notificado dun positivo en cocaína.
2 — Tendo claro o atleta que non consumiu esta sustancia acude ao día seguinte a facer unha contra análise nun laboratorio público.
3 — Esta análise arroxa un resultado NEGATIVO en canto a consumo de calquera sustancia relacionada coa cocaína mínima nos últimos 3 meses
4 — A propia análise positiva indica polos seus valores que pode tratarse dunha contaminación cruzada.
5 — A Nuno Costa ofréceselle declararse culpable e aceptar unha sanción de entre 1 e 3 meses, o cal desestima sabendo da súa inocencia ao 100%.
6 — A Cocaína non está tipificada como sustancia dopante se non de uso recreativo, ao non aceptar o seu consumo nin o resultado positivo a sanción vaise a 4 anos.
7 — Non existe ningunha notificación por parte da axencia española antidopaxe nin da federación Galega ou Española de atletismo.
8 — Nuno Costa quedará apartado do equipo por mutuo acordo en canto non se resolva administrativamente pola xustiza o seu positivo.
9 — O club, coas probas no noso haber defendemos totalmente a súa inocencia e informamos de que emprenderemos accións legais contra todos aqueles que danen a nosa imaxe ou a do propio atleta con insinuacións, afirmacións ou comentarios producidos a raíz deste suceso.
10 — Na SD Compostela Atletismo mostramos a nosa total repulsa e rexeitamento a calquera tipo de consumo de sustancias dopantes ou ilegais e avogamos por un deporte san e limpo en onde primen os valores de saúde e sobre todo respeto polas persoas

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Eventos Outubro

Eventos Outubro

Rematou otro mes, e... qué mes! Estivo cargado de carreiras e eventos! A SD Compostela Atletismo comezou gañando a carreira da Amaia nunha tarde nada apacible en Brión. O Compos sacou todo o seu esplendor e levouse a victoria por equipos por diante do Sar Petroni e do...

Eventos Setembro

Novo mes de competicións! A parte da actividade de plogging que xa vos contamos no post anterior, houbo diversos eventos con grandes resultados para os nosos atletas! Desta vez comezamos en Silleda, nunha proba sobre o papel de 7 kms pero que finalmente foron pouco...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.