Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

COMUNICADO DA SD COMPOSTELA ATLETISMO

por | Feb 18, 2023

Ante as informacións aparecidas nos medios de comunicación e publicada pola federación Portuguesa de atletismo onde se informa dunha sanción de 4 anos por consumo de cocaína do noso atleta Nuno Costa, queremos deixar claro que:

1 — Nuno Costa pasa un de tantos controis de dopaxe durante unha proba deportiva, tempo despois é notificado dun positivo en cocaína.
2 — Tendo claro o atleta que non consumiu esta sustancia acude ao día seguinte a facer unha contra análise nun laboratorio público.
3 — Esta análise arroxa un resultado NEGATIVO en canto a consumo de calquera sustancia relacionada coa cocaína mínima nos últimos 3 meses
4 — A propia análise positiva indica polos seus valores que pode tratarse dunha contaminación cruzada.
5 — A Nuno Costa ofréceselle declararse culpable e aceptar unha sanción de entre 1 e 3 meses, o cal desestima sabendo da súa inocencia ao 100%.
6 — A Cocaína non está tipificada como sustancia dopante se non de uso recreativo, ao non aceptar o seu consumo nin o resultado positivo a sanción vaise a 4 anos.
7 — Non existe ningunha notificación por parte da axencia española antidopaxe nin da federación Galega ou Española de atletismo.
8 — Nuno Costa quedará apartado do equipo por mutuo acordo en canto non se resolva administrativamente pola xustiza o seu positivo.
9 — O club, coas probas no noso haber defendemos totalmente a súa inocencia e informamos de que emprenderemos accións legais contra todos aqueles que danen a nosa imaxe ou a do propio atleta con insinuacións, afirmacións ou comentarios producidos a raíz deste suceso.
10 — Na SD Compostela Atletismo mostramos a nosa total repulsa e rexeitamento a calquera tipo de consumo de sustancias dopantes ou ilegais e avogamos por un deporte san e limpo en onde primen os valores de saúde e sobre todo respeto polas persoas

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

TS Faros Proyect

“The Speed Project” é unha carreira de relevos non oficial de 550k que se disputa en América e que vai dende Los Ángeles (California) ata las Vegas (Nevada). Esta carreira correse en relevos por equipos formados por seis corredores que se turnan para completar todo o...

Adeus 2021

Adeus 2021

Acabamos outro ano tan atípico e anormal como o pasado debido a esta pandemia coa que nos tocou convivir. E,  como non podía ser de outro xeito, queremos acordarnos e dar as grazas a todas as persoas que forman esta humilde familia chamada SD Compostela Atletismo...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.