TSFarosProject

“The Speed Project” é unha carreira de relevos non oficial de 550k que se disputa en América e que vai dende Los Ángeles (California) ata las Vegas (Nevada). Esta carreira correse en relevos por equipos formados por seis corredores que se turnan para completar todo o percorrido. Os relevos non se deteñen nunca e execútanse ata que os equipos alcanzan a meta situada no letreiro de “Welcome to Las Vegas”

The Speed Faros Project consiste en completar no menor tempo posible os 200k que separan Malpica do Faro de Fisterra e que transcorren a través da famosa ruta “O Camiño dos Faros”

Este ultratrail correrase por relevos, participan cinco corredores que realicen aproximadamente 40k cada un. Terán que pasar por zonas abruptas en ocasións, donde tentar correr pode ser tan imposible coma perigoso, cruzando rías, praias, bosques, sendeiros con acantilados, paraxes insólitas, dunas, marismas, toxos, fieitos e silveiras,  subidas e baixadas imposibles pero sempre rodeados dunha impresionante paisaxe que fará desta aventura algo inesquecible para eles


A carreira non ten regras pero os participantes teñen que cumplir un par de condicións: terán que completar o percorrido a pé e os relevos non deben deterse nunca

Os cinco membros deben portar en todo momento algún aparello con sistema de gravación de tracks (reloxo GPS ou similar) co fin de poder verificar a realización da ruta e do tempo investido e poderán estar apoiados en todo momento por outros corredores

Así mesmo os equipos tamén deberán organizarse para trasladar aos seus participantes de punto a punto e eles mesmos encargaranse de todo o relacionado coa intendencia da carreira: avituallamento, asistencia, traslados, comida, apoio loxístico, etc…

A idea, do mesmo xeito que TSP, é sinxela: completar os 200k no menor tempo posible

Sen regras, sen hora de saída, sen data de celebración nin límite de participantes

# // RUN AS FAST AS YOU CAN //#

O Sábado 3 de Xullo do 2021, en 20h e 41 minutos, cinco atletas do SD Compostela Atletismo converteronse no primeiro equipo capaz de completar este ultra

A distancia a percorrer fixo que unha parte tivera que ser desputada en plena noite, algo que engadíu dureza a unha ruta que xa de por si non é apta para corredores sen ganas de pasar por momentos realmente duros. Contaron cunha estratexia propia que tiveron que ir adaptando dependendo das circunstancias. Tiñan todo organizado para facer os relevos de forma individual, pero finalmente optaron por correr en parellas as primeiras horas debido a pouca visibilidade, ao encapotamento do ceo e aos perigosos acantilados

Saíron a medianoite do Venres de Malpica con emoción, ilusión e algún que outro medo, pero con todas as ganas de afrontar os 200km que os separaba de Fisterra


Os elixidos para este apaixoante reto foron: 

Manuel Castiñeiras, ex futbolista profesional que xa ten participado en diversas probas de Trail


Damián Espasandín, o mellor coñecedor da zona, atleta da vila de Vimianzo que xa fixo esta ruta de xeito íntegro en máis dunha ocasión, garantía de éxito

Amador Pena, outro bo coñecedor da zona que xa gañou o circuito de carreiras da costa da morte en varias ocasións, campión Galego de Trail con gran experiencia en probas de menos distancia

Jose Sandá, tras quedar prendado do camiño dos faros cando o fixo como ruta de sendeirismo, o campión Galego Máster de 800m tamén será da partida, descorchando este reto no paseo marítimo de Malpica


Jordi Carrasco, que ven de facer a sua mellor marca persoal en Media Maratón e xa pensa nos 42 kms de asfalto, terá nesta proba un gran reto para demostrar que ten gran capacidade na longa distancia

 Os cinco corredores estiveron en todo momento apoiados por outros tantos atletas do equipo que incluso os acompañaron en algún tramo da carreira

Os atletas tiveron que superar todo tipo de adversidades. A propia dificultade do traxecto, xa que tiveron que atravesar rías e praias, unida a escasa señalización e a mala conservación en algún punto ao non ser una ruta homologada complicaron a aventura. E a todo esto hai que engadir o cansancio e as horas sen durmir

Unha grande aventura difícil de esquecer para o SD Compostela Atletismo

Para saber mais deste apaixoante reto, entra na crónica e nas entrevistas dos protagonistas:

CRONICA

ENTREVISTA A AMADOR PENA

ENTREVISTA A DAMIAN ESPASANDIN

ENTREVISTA A JORDI CARRASCO

ENTREVISTA A JOSE SANDA

ENTREVISTA A MANU CASTIÑEIRAS