Categorías
Uncategorized

Campeonato de Galicia de Campo a través

O 7 de novembro celebrouse en Pontevedra, na Illa das Esculturas, o III Campionato de Galicia de Campo a Través por Relevos Mixto, e absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a través por Equipos Masculino e Feminino.

Como xa vos contamos no post anterior, os nosos atletas desprazaronse ata alí nunha fría mañá para correr por un céspede conxelado, aínda así acadaron impresionantes resultados! Tan bos que acabamos de enterarnos que os integrantes do equipo masculino están clasificados para o campionato de España! 🤍💙

Por aquí vos deixamos as fotos dese grandísimo día!

💙🤍Forza Compos !🤍💙

Categorías
Uncategorized

Eventos Outubro


Rematou otro mes, e… qué mes! Estivo cargado de carreiras e eventos!
A SD Compostela Atletismo comezou gañando a carreira da Amaia nunha tarde nada apacible en Brión. O Compos sacou todo o seu esplendor e levouse a victoria por equipos por diante do Sar Petroni e do Brión hyupersa, sobre un circuito renovado de 5kms máis rápido que o de anteriores edicións.
💙 En pouco máis de 15 minutos chegou o gañador absoluto da proba, o Compostelanista Nuno Costa
Acompañárono nos primeiros postos 🤍 Amador Pena 4º absoluto e 💙Jordi Carrasco 6º. Todos eles gañadores nas súas respectivas categorías. 
Tamén entraron dentro dos seis primeiros atletas que computaban para a clasificación por equipos, 🤍Damián Espasandín que foi 12º, 💙Emilio García 14º e 🤍Iván Abeledo 16º, os cales tamén gañaron nas súas categorías de idade.

Por detrás en orde de chegada tivemos tamén a 💙Borja Cardesín🤍Jose Antonio Figueira, 💙Laureano Varela, 🤍Javier Rozados e 💙Bartolomé Balsa, gran animador da proba. 

Xa nas categorías menores comezamos polos máis adultos, coa victoria de Yago Iglesias desexando participar na proba absoluta o cal a federación non lle permitiu, cubriu os 2 kms da proba en pouco máis de 6 minutos para levarse unha cómoda vitoria.

Tamén en Sub16 resultou vencedora Julia Salvado, no seu debut coas cores azul e branca 💙🤍

Na categoría Sub12 tivemos nas primeiras posicións a:
💙 Lucía Taboada 
🤍Marcos Barcala
💙 Africa Gil
🤍Xoel Otero
💙Iara Torres
🤍Hugo García
💙Ariana Iglesias

En sub 10 participaron:
💙 Antón Monteagudo
🤍 Anxo Vieiro

En Sub 8 subiron ao caixón
💙Alex Pena 
🤍Ramón Monteagudo
💙 Alvaro Couselo
🤍Daniela Gil
💙Clayton García
🤍Izan Parrado 
💙Aldán Vieiro

A fin de semana competitiva todavía non remataría, aínda coa mel da victoria nos beizos, algúns quixeron dobrar competición e secar a humidade de Brión cun radiante sol asistindo aos 10k de Coruña o Domingo pola mañá. 

Se Nuno acadou a victoria o Sábado en Brión, o Domingo mantivo un altísimo nivel, baixando de 30′ para facer un 5º posto absoluto.

Outro dos que dobraba carreira era Amador, pero a este si lle pasou factura a carreira de Brión, e a partir do km7 adicouse máis a axudar a algún compañeiro.
Gran carreira preto da sua MMP para 💙 Cristian Muiño, que con 32’30» sería 16º. 
Tamén tivemos na Coruña 10k con moitas melloras de marcas e fantásticos resultados a : 
🤍Jose Sanda en 35’42» 
💙Castiñeiras con 37’01» 
🤍 Martin Abelenda 37’08» 
💙 Elena Veres con 44’50» 
🤍 Nuria Mejuto 48’49» 
💙 Sonia Villar 53’43»
Tamen dobrou participación Jordi Carrasco entre Brión e os 15k do Atlántico entre Oia e A Garda, donde acadou un meritorio 4º posto absoluto e 1º de categoría.


Fantástica fin de semana para os nosos que continuou coa festa das carreiras en Tordoia, Lalín, Ribeira Sacra, Cangas e de ruta ecolóxica por Lugo! 

O seguinte Sábado pola tarde Tordoia recuperaba a sua fermosa carreira, pasando a carón do Dolmen de Cabaleiros, alí tivemos na proba absoluta a: 

💙 Brais Pérez que foi 5º senior e 17º absoluto. 
🤍 Gerardo Cachafeiro, 6º senior e 23º absoluto. 
💙 Francisco Javier López que debutaba e ocuparía a posición 179. 

Nos cativos participaron en Sub 16: 💙 Julia Salvado que sería 2ª clasificada e en sub 12 tivemos a : 
💙 Lucía Taboada que foi 5ª
🤍 Xoel Otero 11º 
💙 Lucía Castro 12ª

Ese Domingo viaxamos a terras do Deza para participar na XI edición da carreira do cocido de Lalín. Moito frío e dúas distancias para entrar en calor, na versión longa de 10k tivemos a: 
💙 Jose Sandá que foi 1º en M35 
🤍 Manu Castiñeiras 3º en M35
💙 Silvia Fernández 2ª M35 
🤍 Laureano Varela 16º M45
💙 Nuria Mejuto 4ª senior
🤍 Maria Limeres 5ª senior
💙 Bartolomé Balsa 23º M45

En 5k tivemos a: 
💙 Roi García 4º M35
🤍 Juan Botana 1º M65
💙 Javier Prado 6º M35
🤍 Francisco Pena 3º M65

En Sub 16 os nosos representantes vencerían en cadansua categoría:
Julia Salvado 💙
Yago Iglesias 🤍

En Sub12 tivemos a 💙 Ariana iglesias 5ª. 

Ese mesmo finde, na modalidade Trail e Campo a través:

💙 Javier de Dios participou o Domingo no trail da Ribeira Sacra, distancia de 24kms, correndo en postos díanteiros gran parte da proba ata que nos últimos kms tivo a vistia do home do mazo para rematar 44º na xeral. 

🤍 Sindo estivo no V cross Cabo Udra, tamén entre os primeiros durante a maior parte da proba ata que unha molestia no últimos kms o afastou ata a posición 12ª. 

Tamén tivemos a dous dos nosos nunha actividade distinta pero igual de importante que o deporte, coñecendo de primeira man empresas do selo ecolóxico CRAEGA.
💙 Antón Ruanova e 🤍 Amador Pena foron convidados por Slowfood Compostela que organizou unhas xornadas neste caso en Lugo sobre a importancia de consumir alimentos ecolóxicos e de cercanía.

A seguinte foi outra fin de semana de exitos!

💙🤍NUNO COSTA VENCE NA “ MM RUTA DE LA RECONQUISTA” CON RÉCORD DA PROBA🤍

O noso atleta Nuno Costa segue a desmostrar o seu gran estado de forma en Cangas de Onís, xa non solo polo triunfo nesta fermosa proba, se non por bater o récord, en mans dun ausente nesta edición, o Leonés Sergio Sánchez. O tempo de Nuno na subida e baixada ao Santuario da Virxe de Covadonga foi de 1h06’05”.

Xa o Domingo e baixo un calor e humidade non habituais para esta época do ano, o cal pasou factura a moitos dos participantes, disputouse a Media Maratón de Pontevedra e os 10k, distancias nesta ocasión non homologadas que ao parecer excederon nalgúns metros as distancias orixinais. 

Na Media Maratón tivemos a: 

💙Jordi Carrasco que parou o crono en 1h13’ 
🤍Martin Abelenda con 1h21’ 
💙Javier de Dios fixo 1h23’
🤍Borja Cardesín 1h27’
💙Fran Méndez 1h29’
🤍Manu Castiñeiras 1h29’
💙Segundo Dominguez 1h41’ 

Na distancia dos 10k participarían: 

💙Iván Abeledo con 37’20”
🤍Gerardo Cachafeiro con 37’28”
💙Maria Limeres con 48’18”
🤍Juan Botana con 48’33”
💙Nuria Mejuto con 50’49” 
🤍Alvaro Rodríguez con 52’51”

💙🤍 José Sandá estivo na carreira do Corgo en donde foi 5° absoluto.
💙 Carreira na que tamén participou Brais Sandá.

Tamén en Pontevedra pero sobre a pista de tartán e nos 400 metros, tivemos a: 

💙Emilio García cun crono de 58.70 na proba “ Honrando aos medallistas de 1921 copa Manuel Amigo” que conmemoraba as medallas Galegas acadadas no campionato de España de pista de dito ano, celebrado en Coia. 

A seguinte foi unha fin de semana máis relaxada… Non había moita carreira pola zona e mandamos a: 

💙 Nuria Mejuto aos 10k homologados de Bilbao Night para facer marca persoal parando o crono en 46’47»

🤍 Máis pretiño de Compostela, concretamente en Marín, na xa tradicional Pinga Pinga, tivemos a Emilio García no posto 13º da xeral, sendo segundo en Master B. 

💙 Javier De Dios estivo nos 15k Nocturnos de Ourense, obtendo o 3º posto de categoría senior e 10º na xeral absoluta. 

E finalizamos Outubro como tiña que ser, correndo a Pedestre de Santiago.

A hora de sempre e no sitio de sempre coa compaña de moitos dos de sempre, varias ducias de atletas percorreron os xa clásicos 12kms ata o Obradoiro.

Tódalas cidades xa recuperaron as suas probas máis emblemáticas, Lugo, Pontevedra, Coruña, Vigo e dentro duns días estaremos na San Martiño de Ourense, pero Santiago, unha vez máis, pasará outro ano sen Pedestre, outro ano sen CorreSan e outro ano sen os eventos deportivos que merece e merecemos…

A falta de Pedestre oficial, tivemos que tirar de pista e de Trail para competir: 

💙Jose Sanda e 🤍Juanito estiveron no trail de Portalen en Pontevedra, acompañados por Nano
💙Jose clasificou 6º no trail curto de 15kms e 🤍Juanito sería o 14º no trail longo de 25kms. 

No trofeo aniversario da Escola Atlética Ben cho shey de Ourense estivo nos 3000 metros💙 Javier de Dios que sería 2º clasificado cun rexistro de 10:03. 

Outro mes máis sumando variedade de kms e xa listos para competir este Novembro nun montón de probas por toda a península xa que comenzamos tendo atletas en Porto, Madrid e como non, no Campionato de Galicia de clubs de campo a través, con equipo Sub20, Absoluto masculino e Relevos mixto.

💙🤍Forza Compos !🤍💙

sdcompostela_atletismoOutro dos que dobraba carreira era Amador, pero a este si lle pasou factura a carreira de Brión, e a partir do km7 axudou a algún compañeiro. 🚑
🔝Gran carreira preto da sua MMP para 
💙 Cristian Muiño, que con 32’30» sería 16º. 
⏱️ Tamén tivemos na Coruña 10 con moitas melloras de marcas e fantásticos resultados a : 
🤍Jose Sanda en 35’42» 
💙Castiñeiras con 37’01» 
🤍 Martin Abelenda 37’08» 
💙 Elena Veres con 44’50» 
🤍 Nuria Mejuto 48’49» 
💙 Sonia Villar 53’43»
😳 Tamen dobrou participación Jordi Carrasco entre Brión e os 15k do Atlántico entre Oia e A Garda, donde acadou un meritorio 4º posto absoluto e 1º de categoría. 👏👏
▶️ Fantástica fin de semana para os nosos que continuarán coa festa das carreiras en Tordoia e Lalín entre outras ▶️
💙🤍Forza Compos 💙🤍

Categorías
Uncategorized

Gran Fondo Pontevedra

O Medio Maratón de Pontevedra é unha carreira pedestre organizada anualmente na cidade de Pontevedra que fai un percorrido polo seu famoso centro Histórico Centenario e outras zonas da cidade.

Como non podía ser de outro xeito, moitos dos nosos atletas estiveron presentes. E non só facendo o que máis lles gusta, correr, algún estivo sacando fotos e este é o resultado.

Moitas gracias Nano, aínda que eres bo fotografo, seguro que en breve cambias a cámara polas zapatillas de novo.

Esperamos que vos gusten!

Categorías
Uncategorized

Eventos Setembro

Novo mes de competicións! A parte da actividade de plogging que xa vos contamos no post anterior, houbo diversos eventos con grandes resultados para os nosos atletas!

Desta vez comezamos en Silleda, nunha proba sobre o papel de 7 kms pero que finalmente foron pouco máis de 5, varios corredores destacados en postos de Podium como : 

💙 Jose Sandá 7º absoluto e 3º Máster A 🥉
💙 Manu Castiñeiras 11º absoluto 5º Máster A
💙 Elena Veres 5º Muller, 1ª Senior 🥇

Tamén competiron en Silleda: 

💙 Borja Cardesín 
💙 Jorge Castro
💙 Laureano Varela 
💙 Iván Abeledo
Entre os máis cativos tivemos a: 

💙 Yago Iglesias gañando a Sub 16🥇
💙 Lucía Taboada
💙 Xoel Otero 
💙 Africa Gil 
💙 Daniela Gil 
💙 Claudia Castro
💙 Ariana Iglesias
💙 Izan Parrado

No Trail curto de Miño tamén tivemos a : 

💙Juan amigo » Juanito» entre os 20 primeiros absolutos

No control de marcas de Pontevedra estivo nos 800: 

💙 Emilio García marcando 2:15 no seu debut na distancia. 

Tamén tivemos coas cores do Compos en terras andaluzas na carreira de Vera en Almería a: 

💙 Brais Picón gañando na combinada sub18/ Sub 20 

Os nosos atletas do Inforhouse Santiago tamén estuvieron a tope competindo en distintos campionatos acadando podiums a nivel nacional en triatlón. Noraboa a todos eles! 

E os nosos OCR tamén con éxitos en Canarias e Narón con Paula Esteiro 1° Élite e Damián Espasandín 2° absoluto !

O finde seguiste tivemos o Campionato de España de Media Maratón !!

Ata Oruña de Piélagos se desprazaron dous dos nosos atletas para compartir liña de saída cos mellores atletas nacionais e internacionais de fondo. 

A baixa de última hora de Emilio García e Nuno Costa fixo que non pudieran loitar na clasificación por equipos, na que terían posibilidades de podium. 

Amador Pena e Jordi Carrasco foron os nosos representantes en terras Cántabras, o atleta Santiagués mellorou a súa mellor marca na distancia nun perfil de carreira con varias costas que non foi propicia para rebaixar os rexistros na meirande parte dos participantes, 1h13’17» rexistrou o atleta Compostelano. 
Amador e Jordi foron man a man gran parte da proba, en cabeza dun numeroso grupo durante boa parte da carreira, Jordi quedou un chisco rezagado a partir do km 12 para entrar tamén nun fantástico tempo de 1h13’54», Amador foi 57º e Jordi 64º, ambos entre os 10 primeiros da súa categoría. 

E tamén tivemos Trail !!  
Outra disciplina en donde cada vez os nosos están máis activos. 

En Vila de Cruces participaron no Trail da Carixa: 

Manu Castiñeiras e Jose Sandá na modalidade de relevos, sendo quintos clasificados. 
Laureano Varela participou en solitario na proba de 20 kms ! Posto 134 para el. 
Fran Méndez tamén na proba de 20 kms acadou o posto 25, podium na súa categoría. 

O finde do 18 tivemos o debut de Elena Veres na Media Maratón das Catedrais de Ribadeo.
Proba fermosa a par que esixente a que elixiu a nosa atleta para debutar na distancia. 

Gran resultado para Elena, que no seu debut e nunha proba dura con remate nas catedráis, acadou un tempo de 1h48′ clasificándose no posto 19 de 100 participantes. 

O último fin de semana os nosos atletas acadaron 3 MEDALLAS PARA NO CAMPIONATO DE GALICIA DE 5k !

Destacadamos actuación do plantel branquiazul e victoria absoluta para Nuno Costa na subida a Curota.

Exitosa xornada atlética a vivida o Domingo pola mañá na vila de Bertamiráns con resultados destacados e moitas melloras de marcas dos nosos corredores. 

Jordi Carrasco sería Bronce na categoría M45 con marca persoal. 
Damián Espasandín sería tamén bronce en M35 a tan so un segundo da prata.
Amador Pena sería prata en M40 igualando o seu mellor rexistro na distancia. 

Fantásticos resultados tamén para: 
💙 Emilio García 17’16» 
🤍 Iván Abeledo 17’23» medalla sub20
💙 Brais Pérez 17’25» quinto en sub20
🤍 Jose Sanda 17’25» 
💙 Manu Castiñeiras 17’40» 
🤍 Luis Villaverde 17’51»
💙 Sindo González 17’56»
🤍 Borja Cardesín 18’08»
💙 Fran Méndez 19’44» que tamén competiu o Sábado na subida a curota donde foi 14º absoluto e 4º M2
🤍 Juan Luis Botana 19’49»
💙 Roi Porteiro 20’15» 
🤍 Juan Alvarellos 20’35»
💙 Segundo Domínguez 20’41»
🤍 Laureano Varela 21’07»
💙 Shaila Muñiz 21’20»
🤍 Elena Veres 21’22» Medalla Senior.
💙 Jose Figueiras 21’35»
🤍 Alberto Fernández 21’40»
💙 Paula Esteiro 21’58»
🤍 Roi García 22’32»
💙 Jose Ramón Ruanova 22’34»
🤍 Juan Botana 22’57»
💙 Nuria Mejuto 23’06»
🤍 Maria Limeres 23’40»
💙 Javier Prado 24’05»
🤍 Sonia Rodríguez 24’43» 
💙 Bartolomé Balsa 25’37»
🤍 Javier Rozados 26’24»
💙 Andrea Cacabelos 28’19»
🤍 Antía Botana 28’19»

Nuno Costa sería o gañador absoluto na subida a Curota cun tempo de 35’19» 

Ese finde tivemos outro debut na media Maratón para Lara Salgado cun magnífico rexistro de 1h48′

Resaltamos tamén que este mes comezaron os seus adestramentos os máis cativos do club, que pronto comezarán as súas competición

💙Seguimos sumando kms de paixón e felicidade 🤍

Categorías
Uncategorized

PLOGGING

Os nosos deportistas son ploggers xa que o pasado sábado practicaron Plogging, ¿non sabes o que é?

A palabra Plogging ven da unión da palabra inglesa «jogging» (exercicio físico que consiste en correr unha distancia longa a un ritmo moderado e constante) e da expresión sueca “plocka upp” (que se traduce como “recoller”). 

Os deportistas de Plogging conocense como ploggers.

Naceu como unha actividade organizada en Estocolmo, Suecia, e terminou extendéndose a outros países dende o ano 2018.

O Plogging é unha práctica que combina o exercicio ao aire libre coa recollida de residuos. Noutras palabras, tratase de aproveitar calquer actividade física ao aire libre para recoller desperdicios que se encontran nas praias, montañas ou as propias cidades.

Esto permitíu que deportes como o senderismo, o running, o kayak, o buceo, o paddle surf, o snorkel, o trail, o ciclismo, o esquí ou o parkour, empecen a incluir os primeiros ploggers nas sus filas.

O movemento de agacharse a recoller e volver a levantarse (sentadilla) é unha excelente forma de traballar a tonificación de glúteos e pernas. Ademáis, podense introducir todo tipo de exercicios físicos durante o recorrido para que a experiencia deportiva sexa completa. 

Ao mesmo tempo que aportamos un beneficio físico e saludable, estamos proporcionando un beneficio directo ao medio ambiente. Ao recoller os residuos estamos reducindo e evitando a contaminación do solo, cidades, ríos, mares e océanos. 

En definitiva, adoptar este novo estilo de vida benefícianos a todos. Tendo en conta que en España uns 4 millóns de persoas practican senderismo de forma regular e un 33% da poboación sae a correr máis de 3 días por semana, aproveitar esas saidas para practicar plogging durante o percorrido podería significar un cambio radical no estado do noso entorno en moi pouco tempo.

En resumo, un grande sábado de deporte de actividade deportiva, kilómetros camiñando por area, sentadillas para recoller gabichas e residuos plásticos de todo tipo, xunto cos amigos do Atletismo Deza, xuntamos unha morea de xente para botar unha man ao noso planeta.


Gracias a todos por tan fantástica labor.

«Mira en la naturaleza, y entonces lo entenderás mejor.»

Albert Einstein, físico

Categorías
Uncategorized

Últimos Eventos

Como vistes en entradas anteriores, Xullo comezou forte, os nosos enfrontaronse a un reto a altura de moi poucos, a TSFarosProyect, e cumpliron de sobra! En 20h e 41 minutos, cinco atletas do SD Compostela Atletismo converteronse no primeiro equipo capaz de completar este ultra! Temos un apartado especifico na páxina donde podedes ver máis por miudo todos os detalles así como as entrevistas aos protagonistas. Parabéns rapaces!

Pois si, os nosos atletas acadaron o reto do camiño dos faros 👏💙🤍

Pero tamén tivemos pista, e neste caso no Campionato de Galicia Sub 18 e Sub16 acadamos nada menos que dous títulos de campións Galegos.

🥇Ainoa Gontán campioa Galega 3000 sub18

🥇 Yago Iglesias campión Galego 3000 sub16

🥈 Javier De Dios 2°senior en Leiro.

🔥 5° posto Gonzalo Cao, moi preto dos metais nos 3000 sub18.

💙 Moi boa colleita esa fin de semana. 🤍

O seguinte fin de semana foron varios os que quixeron poñer un dorsal para competir:

– 🥈Damián Espasandín foi segundo en categoría élite nunha proba de 10km OCR en Canarias. 
– 🥉Paula Esteiro foi terceira élite na mesma proba.
– 🥇Jordi Carrasco participaría nos 5k de Ribeira sendo o gañador absoluto cun tempo de 16’18»

Tamén tivemos o Domingo na carreira da diversidade de Riveira outros atletas con grandes resultados: 

– 🥉Shaila Muñiz foi 3ª absoluta con 21’12»

– 🎆Nuria Mejuto foi 7ª femenina con 23’04» 

– 🎇Jose Ramón Ruanova foi 37º con 22’55» 

– 🎉Fran Méndez foi 18º con 19:34

O día anterior en Noia disputouse un control de marcas donde Yago participaría nos 1000 metros sendo segundo con💪 2’47» e Pedro Pazos nos 400 faría MMP con 💥 1:02.03 sendo sendo 4º clasificado da súa serie.

🚴 Tampouco os nosos se quixeron perder o evento do Gran Fondo Ézaro🚴 donde tivemos unha gran representación;
con🏆 Barca Toba como resultado máis destacado obtendo a Victoria no medio fondo 🏆
Tamén estiveron Gonzalo Pampín, Fran Espiño, Antón Ruanova, Cristian Muiño, José Figueiras

Tamén pechamos a temporada ao GRANDE !! Xa que remataron os campionatos de aire libre, e que mellor xeito de facelo que obtendo a participación de 3️⃣ atletas no Cpto de Galicia Absoluto!

O broche de ouro puxemolo disfrutando dunha xornada atlética por fin con público nas gradas de Balaídos. 
Os resultados non foron os agardados🤷 pero pechan uns meses de grandes éxitos, porque estar presentes nun campionato absoluto xa foi toda unha honra. ✌️

👣O reto do camiño dos faros pasou factura a Damián que aínda con todo quedou moi preto da sua mellor marca nos 400 metros, rexistrando 55.60
👣Máis factura lle pasou a Amador que estivo moi lonxe do seu mellor rexistro, marcando nos 800 un 2.06 co que pecha esta temporada.
🤕Nuno Costa partía entre os favoritos para a victoria nos 5000 pero problemas físicos deixárono fora de combate a falta de 2000 metros. 
🔝Por outra banda, Yago tivo unha excelente actuación no campionato de España en Lleida, moi preto dos seus mellores rexistros, nunha carreira marcada por contínuos traspés, golpes e incluso caídas, quedando eliminado nas semifinais do Sábado. 
Primeira experiencia aprendendo moito nunha competición nacional.

En temporada estival tampouco paramos !! E o 31 de Xullo, na nocturna de Vilagarcía sobre 10k escasos tivemos a:

⏱️ Jordi Carrasco, que foi 2° absoluto. 33’29»
⏱️ Juan Luis Botana, 79° con 42’05»
⏱️ Jose Sandá, 18° con 35’56»
⏱️ Nuria Mejuto, 9° Muller, 2° senior. 49’03»
⏱️ Juan Botana, 112° con 48’11»
⏱️ Gerardo Cachafeiro, 25° con 37’53»
⏱️ Jesús Cabo, 132° con 57’19»

E tamén en Burela 🐟 tivemos sobre os 5k a ⏱️ Sindo González no posto 18° con 17’45»

💙🤍 Seguimos a disfrutar do deporte💙🤍

Categorías
Uncategorized

Entrevista a Amador Pena

  • Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron?
  • Pois a idea partir partir, partiu de min, porque teño moita relación coa costa da morte, aprendín a camiñar nela, pero o que máis gratamente me sorprendiu foi a facilidade coa que os compañeiros dixeron que se apuntaban, para moitos era unha tolemia, pero encantados de facela jajaa. Cando xa vimos que ia adiante sabía que conseguiríamos rematalo, tiñao moi claro. 
  • Unha vez aceptado o reto e llo contactes aos teus familiares e amigos ¿Que che dixeron? E cando llo contestes aos compañeiros de equipo, ¿Como o tomaron?
  • Os amigos e coñecidos coincidían en que era un reto fermoso e sería unha experiencia moi chula, como así foi. O importante destos retos e a motivación persoal pero ¿tiñades algunha outra motivación de fondo? Quizáis algunha asocioación benefica ou algún patrocinador. E, no teu caso, ¿que te motivou a facelo? ¿Tomachelo máis como un reto individual ou colectivo?
  • Imaxino que a organización dun evento destas dimensións non é fácil, non falo só de elexir data ou de repartir os tramos, tamén da preparación a nivel físico, mental e de alimentación. ¿Seguiches algunha estratexia específica?
  • Foi unha cuestión de superación persoal ao mesmo tempo que unha experiencia en equipo fantástica, a convivencia entre xente deportista con valores moi similares aos teus sempre é algo agradable que che axuda a seguir medrando, neste caso non tivemos un fin concreto solidario, aparte do que fixo persoalmente o compañeiro Jordi
  • Unha vez chegado o día e te ves en Malpica, de noite, e tes que saír no medio da oscuridade por un terreo inestable e maiormente descoñecido ¿Que se che pasa pola cabeza? 
  • O meu caso foi un tanto especial, son un apaixoado sa saúde en xeral e da nutrición en particular, aproveitei este reto para facer un xaxún durante todo a duración do percorrido, non comín nada durante 20 horas e funme hidratando con auga de mar tanto de Artio Pro cun 20% de concentración como con algo de auga hipertónica. A nivel mental todo este tipo de experiencias sen dúbida axudan a facernos máis poderosos e despois poder usalo no noso día a día. 
  • Según iades avanzando o cansancio íase apoderando de vos, iso quizáis fixo que te olvidaras da motivación inicial e chegara a frustación ¿En algún momento pensaches en deixalo? Ou en algún momento sentiches que o corpo respondía pero a mente non, ou ao revés? De ser así, ¿como recuperaches a motivación?
  • Eu comecei a correr de noite en Corme, coñecía ben o percorrido pero aínda así nunca o fixera en total oscuridade e a cousa cambia moito, eso si, a motivación, ganas e ilusión era moi grande e paseino moi ben, incluso retransmitindo a experiencia en directo por distintas redes sociais. 
  • Aínda que só corriades cinco atletas, había compañeiros de equipo e amigos apoiandovos, algúns presencialmente e outros a través das redes sociais. ¿Notabades ese apollo cando estabas sós subindo una costa ou no medio dunha praia?
  • Sabiamos que chegarían momentos duros, porque eu persoalmente non levaba unha preparación específica, todo o contrario jejee, viña de preparar e competir nos 800 metros lisos do campionato de España Máster a semana anterior, pero en ocasións donde as forzas faltaban, era cuestión de meditar e centrarse no momento e seguir pasiño a pasiño sabendo que os compañeiros agardaban por min. En ningún momento pensei abandoar, si que tiven que pedir un relevo antes do previsto, ao pasar Muxía a subida ao monte Cachelmo deixoume moi tocado pois non contaba con esa dureza, pero cheguei como puiden e os compañeiros axudáronme un montón a nivel motivación, e incluso dende Santiago amigos que me animaban por whatsapp en directo. 
  • Todos sodes grandes deportistas e seguro que tivestes que afrontar retos moi esixentes nas vosas carreiras pero ¿Algún similar a este anteriormente?
  • O reto máis parecido ao que me enfrentei en canto a sensacións similares, foi o meu único Maratón nos Angeles e o camiño de Santiago en bicicleta dende San Sebastián en donde fixen algunhas xornadas de moitas horas sen baixar da bici. 
  • Dende logo que a experiencia non a ides olvidar e cada un de vos se quedará con pequenas anedotas que non esqueceredes, tanto boas como non tan boas ¿Que foi o mellor? ¿e o que cambiarias? 
  • O mellor sen dúbida foi compartir esta experiencia con todos os compañeiros de equipo e os que nos deron apoio in situ, e saber que somos capaces de superar retos deste tipo axudándonos entre todos. O único que podería cambiar sería mellorar algunhas cousiñas para facelo máis rápido, pero eso xa é a vena competitiva 🙂 
  • E por último, ¿Con que te quedas? ¿Que foi para ti a maior aprendizaxe desde reto?
  • Quédome con que está na nosa man facer que as cousas sucedan, por moi compricado que as vexamos, todo é poñerse en marcha e loitar con moita ilusión para que os obxetivos saían adiante.

Categorías
Uncategorized

Entrevista a Damián Espasandín

  • Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron?
  • A idea de formar un equipo para competir ocurriuselle a Amador despois de ver este sistema nas redes e a outro equipo que o intentara antes.
  • Cando mo dixo non dudei nin un segundo en decir que si, a un reto así non se lle pode decir que no 😂
  • Unha vez aceptado o reto e llo contactes aos teus familiares e amigos ¿Que che dixeron? E cando llo contestes aos compañeiros de equipo, ¿Como o tomaron?
  • Cando o comentei cos meus amigos todos me dixeron se estabamos tolos pero non dudaron en animar a facelo.
  • O importante destos retos e a motivación persoal pero ¿tiñades algunha outra motivación de fondo? Quizáis algunha asocioación benefica ou algún patrocinador. E, no teu caso, ¿que te motivou a facelo? ¿Tomachelo máis como un reto individual ou colectivo?
  • Eu xa correra este ultra de forma individual e foi unha das mellores experiencias que vivín na miña vida. Dixen que algún día o repetiría e esta era a oportunidade. Afronteino como un reto individual pero tamén colectivo xa que o ser por relevos sempre levas esa motivación extra por cumplir co equipo e dalo todo por eles a sabiendas de que están facendo o mesmo.
  • Imaxino que a organización dun evento destas dimensións non é fácil, non falo só de elexir data ou de repartir os tramos, tamén da preparación a nivel físico, mental e de alimentación. ¿Seguiches algunha estratexia específica?
  • Tratandose de tantos kms e tantas horas conleva unha boa organización. Pasamos varios días entre reunións e mensaxes para tratar de ter todos os cabos ben atados e que nada fallara xa que un erro podía botar a perder todo. A nivel estratéxia coidei a alimentación moito durante toda a semana anterior e despois tamén me tratei de preparar ben mentalmente para asimilar e levar da mellor forma posible as 20 horas e todo o cansacio que nos quedaba por diante.
  • Unha vez chegado o día e te ves en Malpica, de noite, e tes que saír no medio da oscuridade por un terreo inestable e maiormente descoñecido ¿Que se che pasa pola cabeza? 
  • Pois a verdade é que estaba moi animado e con moitas ganas de correr de noite. Non me daba chegado a hora de facer a miña etapa. O único que se me pasaba pola cabeza e tratar de correr o máis rápido posible pero aforrando enerxias para todo o que faltaba e sobre todo tratando de evitar posibles caidas. Correr de noite por ese terreno non deixa de ter un certo perigo pero é unha experiencia única. Estás ti solo en contacto directo coa natureza, é unha maravilla gratuita.
  • Según iades avanzando o cansancio íase apoderando de vos, iso quizáis fixo que te olvidaras da motivación inicial e chegara a frustación ¿En algún momento pensaches en deixalo? Ou en algún momento sentiches que o corpo respondía pero a mente non, ou ao revés? De ser así, ¿como recuperaches a motivación?
  • Nunca pensei en abandonar, todo o contrario, según iban pasando os kms máis ganas tiña de seguir e máis claro tiña que non ía abandonar. A miña mente traballa ben nestas situacións, o corpo… xa de anteman sabía que ía haber molestias, sono, fame…  pero a cabeza manda.
  • Aínda que só corriades cinco atletas, había compañeiros de equipo e amigos apoiandovos, algúns presencialmente e outros a través das redes sociais. ¿Notabades ese apollo cando estabas sós subindo una costa ou no medio dunha praia?
  • Por suposto que se nota o apoio, é fundamental. Cando vas mal e de repente te encontras alguén que che fala, que che anima e que che acompaña uns metros dache a vida. 
  • Todos sodes grandes deportistas e seguro que tivestes que afrontar retos moi esixentes nas vosas carreiras pero ¿Algún similar a este anteriormente?
  • Como comentei antes eu xa fixera este ultra de forma individual polo tanto penso que me axudou bastante a completar este. Levarame o doble de horas polo tanto iba pensando que se o conseguira por aquel entón tamen tiña que poder facelo agora.
  • Dende logo que a experiencia non a ides olvidar e cada un de vos se quedará con pequenas anedotas que non esqueceredes, tanto boas como non tan boas ¿Que foi o mellor? ¿e o que cambiarias?
  • O mellor foi sen dubida algunha o comportamente do resto dos compañeiros. En 20 horas, e despois de todo o esforzo acumulado, sempre houbo moi bo rollo e alegría. Uns animandose e tirando dos outros, para min foi un auténtico placer compartir esto con grandes persoas e atletas. Non cambiaría nada en absoluto, de feito repetiría co mesmo equipo sin dudalo.
  • E por último, ¿Con que te quedas? ¿Que foi para ti a maior aprendizaxe desde reto?
  • Aprendín que a cabeza manda sobre o corpo, e que o corpo aguanta máis do que pensamos. Solo é cuestión de querer!

Categorías
Uncategorized

Entrevista a Manu Castiñeiras