Categorías
Uncategorized

Entrevista a Jordi Carrasco

  • Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron?
  • A idea foi do alma máter da SD Compostela Atletismo que é Amador Pena. O día que o propuxo eu penso que fun o primeiro en aceptar o reto. E máis nun ano no que hai moi poucas competicións e axuda a manter a motivación ter algo no horizonte.
  • Unha vez aceptado o reto e llo contactes aos teus familiares e amigos ¿Que che dixeron? E cando llo contestes aos compañeiros de equipo, ¿Como o tomaron?
  • Recibimos motivos ánimos de coñecidos e familiares pero siempre estaban as palabras: “estados tolos!” Pero iso foi unha das causas que mais nos animo a levalo adiante. A destacar a calidade humana das personas que nos xuntamos para levar a cabo esto.
  • O importante destos retos e a motivación persoal pero ¿tiñades algunha outra motivación de fondo? Quizáis algunha asocioación benefica ou algún patrocinador. E, no teu caso, ¿que te motivou a facelo? ¿Tomachelo máis como un reto individual ou colectivo?
  • Corrín moitos tramos coa camiseta dunha rapaciña de Pontevedra, Lúa, que sofre una enfermidade rara que se chama artogripose.
  • Unha vez chegado o día e te ves en Malpica, de noite, e tes que saír no medio da oscuridade por un terreo inestable e maiormente descoñecido ¿Que se che pasa pola cabeza? 
  • O momento mais duro foi antes de saír, cando estábamos ceando en Malpica e ver como estaba caendo a noite, entón veñenseche a cabeza cousas como: “UFF, na que me metín!” Pero unha vez arrancamos, todo para adiante!
  • Según iades avanzando o cansancio íase apoderando de vos, iso quizáis fixo que te olvidaras da motivación inicial e chegara a frustación ¿En algún momento pensaches en deixalo? Ou en algún momento sentiches que o corpo respondía pero a mente non, ou ao revés? De ser así, ¿como recuperaches a motivación?
  • Lúa envioume mensaxes de animo e a min, esas mensaxes de ánimo, poñiaas en subidas difíciles, e dábanme formas para seguir, pegabanche un subidón mol grande! E en ningún momento se nos paso sola cabeza a idea de abandoar. Nin no momento en que dous compañeritos tiveron uns problemiñas, cabeza fría, e se toca correr máis pois máis km pero abandonar nunca.
  • E por último, ¿Con que te quedas? ¿Que foi para ti a maior aprendizaxe desde reto?
  • O mellor foi ao rematar cando estávamos todolos atletas con dores por todolos lados pero xa estábamos falando de meternos na seguinte e buscar outro reto deste calibre. Pero por encima de todo destacar a calidad humana desde grupo de personas que en ningún momento hubo un mal gesto sin una mala palabra sin nada de nada.
Categorías
Uncategorized

A crónica dun reto a altura de moi poucos

Reto superado !!! 

Os nosos atletas acadaron a meta do “ The Speed Faros Project “ 

Cinco corredores, tres acompañantes e 200 kms de camiños a beira da costa da morte dende o Porto de Malpica ata o Faro de Finisterre.

As 00:00 tomaron a saída Manuel e Sandá, para romper o xeo e romper eses nervios que percorrían gran parte do corpo dos nosos atletas, unha noite escura de máis, cuberta polas nubes e a néboa, e baixas de última hora nos acompañantes, fixeron tomar a decisión de correr por parellas estas primeiras etapas nocturnas, o cal supoñía máis kms para cada un e polo tanto tamén menos descanso, pero a seguridade era unha prioridade.

No seguinte relevo agardaban impacientes Damián e Jordi, a ilusión en todos eles fixeron que o ritmo fose máis alto do esperado, non tardaron en chegar ao Faro Roncudo, alí agardaba un bo coñecedor da zona para tomar o relevo xa en Corme, sen tempo para degustar uns percebes Amador recollía o relevo, esta vez en solitario para ir ata Ponteceso, donde Manuel comezaba o seu segundo tramo, todavía con noite pechada, e aquí foi donde xa os primeiros síntomas de fatiga aparecían, e quedaban 14 horas por diante…

Sandá andivo a dar voltas polo Castro de Borneiro, quen sabe se atrapado polas pantasmas dos habitantes que alí viviron no Neolítico, ou buscando esa famosa vía de Ouro que unía o Castro co Dolmen de Dombate según conta a lenda.
Pouco antes do Dolmen xa estaba Jordi agardando e incluso desfacendo o camiño para atoparse canto antes co seu compañeiro e tomar camiño do cumio de Monte Castelo, xa era día e as vistas da contorna dende alí dan para recrearse un pouco.

Máis adiante Damián recollía a testemuña, neste caso a modo de reloxo, ou máis ben reloxos, xa que eran dous dispositivos GPS os que cargaban, máis o seu persoal para facer un trio de trebellos que non daba moito xeito cargar, pero para nada querían ter algún erro e mellor que sobren e non que falten.
Como curiosidade neste sentido, houbo unha diferencia de aproximadamente 2 kms no total dos kms recollidos por dous reloxos da mesma marca.

Damián chegou apretando os dentes pola area de Laxe, non é nada doado correr pola praia, pero neste Camiño dos Faros son moitos os kms que se deben percorrer nesta branda e movediza superficie.

Neste punto temos que apuntar que os nosos atletas estaban sen durmir dende a noite do Xoves, polo tanto o sono tamén facía aparición, nos momentos de descanso de cada atleta, algún intentou botar unha cabezadiña na espaciosa furgoneta que o bo de Marcial dende Gonzacar decidiu ceder para a ocasión, el xa viñera a coñecer algunha das etapas anteriormente, pero non era doado, a emoción e a espera da chegada dos compañeiros facían estar en contínua alerta.
Os cafés empezaron a formar parte da nosa expedición.

Foi Amador quen tivo o privilexio de vivir un de tantos momentos máxicos do camiño, xa que cando vas subindo sen parar ata o alto do Peñón de Soesto, de súpeto ábrese ante ti a inmensidade da praia co mesmo nome, nunha das vistas máis fermosas do camiño, eso si, Amador que sempre corre con zapatillas de asfalto, non o pasou moi ben nesta baixada con grandes rochas esbaradizas debido a choiva presente que facía acto de pesencia aínda que tímidamente. 

A partires de aquí xa se uniron Elena e Nuria, e menos mal, xa que no próximo turno de Manu todolos ánimos e apoios eran poucos, estos días están sendo de moito traballo para el, a falta de descanso pasou factura e o ritmo baixou moito según o previsto a priori.

Alá seguiron os intrépidos atletas do Compos percorrendo máis e máis faros, atrás quedaran as Sisargas, Punta Nariga, Faro Roncudo, Faro de Laxe… e coa aura máxica de ter pasado por lugares como o museo de Man en Camelle, a praia dos cristais, monumento a espera etc.

Xa camiño de Camariñas Jordi non daba mostras de cansancio, era de todo o grupo, o que mellor se desenvolve na longa distancia, tras pasar por outro lugar emblemático como o cemiterio dos Ingleses, encarou o Faro Vilán, coa sua maxestuosa presenza e notando a dureza de ter que subir ao máis alto de Punta Esperillo, non quixo quedar ahí xa que o seguinte relevo estaba noutro alto, na Ermita da Virxe do Monte, dende aquí ata Tasaraño, a ruta era máis benévola ao seu paso por Camariñas, donde recibimos os ánimos dende varias casas de xente que sabía da nosa presenza, e como non, alí estaba tamén coa cámara en man, o incombustible JM Ferreiro, o reporteiro máis intrépido e dichararachero da Costa da Morte para deixar constancia gráfica do noso paso pola capital do encaixe.

A Bala de Bama estaba fresca como unha rosa, este homiño que viña de acadar o campionato galego máster dos 800 metros, facía kilómetros e kilómetros sen titubear, e alá pasamos un punto clave, na Ponte do Porto, xa que tiñamos a referencia de que o anterior equipo en intentar este reto, decidira rematar neste punto a sua experiencia, era un bo punto de referencia para nos, chegamos un pouco antes que eles, sobre 20 minutos, pero as forzas e os ánimos estaban case intactos, e nese momento foi cando vimos con máis claridade que nunca que chegariamos a Finisterre fora como fose.

Según nos achegábamos ao destino, a presenza de Damián foi gañando poder, e xunto a Jordi, foron botándose enriba tramos que a priori non tiñan asignados.
 Antes de chegar ao Faro de Touriñán, Amador tivo un dos seus peores momentos, i é que despois de Muxía, a subida ao monte Cachelmo é un punto de inflexión nesta ruta. Ademáis o noso atleta, experto en nutrición deportiva, decidiu facer toda a ruta sen probar alimento,en xaxún dende as 23:00 da noite anterior.
Aquí tiveron moito que dicir os apoios, neste caso Bart, acompañado dun gran coñecedor da zona que nos quixo acompañar a partir dese momento, agardaron no cumio ao de Santiago, acostumado a gañar un sinfín de probas de asfalto na Costa da Morte, coñeciu de preto a outra versión deste litoral, por sendeiros donde o feito de camiñar xa era un reto debido ao gran desnivel, o gran Thierry Saloum tivo consellos profesionais que nos viñeron de perlas durante o resto da xornada.

O Monte do Facho agardaba impasible ante a nosa chegada, o ceo estaba cuberto, brindándonos ese clima excepcional para semellante esforzo, con todo, unha vez que Sandá chegou a Cabo da Nave, a expedición Compostelanista decidiu tomarse con moita máis calma o resto do camiño, parando incluso no último areal, Mar de Fora, a botar unha man a un turista que decidiu pasar alí a noite, tamén alí tiñamos ánimos e aplausos no último esforzo antes de coroar.

O último tramo ata chegar ao Faro de  Finisterre, fixémolo todos xuntos, uns metros de emocións e satisfacción de ter acadado unha meta para a que houbo que sufrir e dar o mellor de cada un, pero donde o disfrute foi máximo, e quen sabe… terán gañas de repetir ? 😉


P.D: Non podemos deixar sen agradecer a toda a xente que nos mostrou o seu apoio constante por distintas vías, redes sociais, mensaxes, acercándose a saudar en persoa, medios informativos, compañeiros de club, a furgo de Gonzacar, as empanadas de Garcos, a hidratación e barriñas de Artio, as zapas de Amancio Deportes, frontais prestados por compañeiros de entrenos, ducha en Dafit, moitísimas gracias a todos eles !

Categorías
Uncategorized

Eventos Xuño

Está rematando outro mes e os eventos deportivos cada día van volvendo a normalidade

Comezamos Xuño con un MARCÓN do noso atleta Jordi Carrasco. O sábado 5 acadaba MMP na Media Maratón de Granollers, con 3000 participantes, 1h12’45»

E o Domingo tivemos en Madrid a Elena e Lara copando postos de podium nunha proba de 7kms marcada polas altas temperaturas!

Xa na terriña as cativas, Daniela e Claudia, participaron o Sábado no pequetrail de Vilatuxe e deron paso ao noso participante absoluto, Javier que obtivo unha relucente sexta posición, aínda que condicionado a saír nos últimos grupos co handicap de ter que adiantar a numerosos atletas que o precedían

O seguinte foi un gran fin de semana con numerosa participación do Compos, coa Milla Portas de Compostela como evento estrela!

A noite do Sábado tivemos en Nigrán 4 atletas que obtiveron magníficos resultados nas distancias de 5 e 10km da V nocturna H2K

💙 Nuria Mejuto foi sexta clasificada femenina con 24’16»
💙 Javier Prado obtivo o posto 47 absoluto con 24’06»
💙 Javier De Dios foi segundo absoluto con 16’39»
💙 Jordi Carrasco foi terceiro absoluto na proba de 10k con 34’12»

Como é habitual, tamén tivemos algún atleta no monte, neste caso estiveron no XTOSINTRAIL a Jorge Castro no posto 54 absoluto e a Silvia Fernández no 17 feminino

Xa o Domingo tivemos a proba estrela da finde, despois de moito tempo, voltabamos as rúas de Compostela para participar no Campionato de Galicia de Milla e 1km para menores, no evento III Portas de Compostela, carreira desputada entre a Senra ( Porta Faxeira ) e a Porta de Mazarelos, na cal tivemos unha gran representación, destacando os podiums de Iago Iglesias que foi terceiro en Sub16 con 2’56», a Amador Pena, segundo en M40 e a Jose Sandá que foi Campión de Galicia en M35

Tamén tivemos destacadas actuacións moi preto de podium e melloras en marcas persoais:

💙 Manuel Castiñeiras foi 5º en M40 con 5’20
💙 Antonio Vázquez 4º en M50 con 5’21
💙 Emilio Garcia 7º en M45 con 5’29
💙 Gerardo Cachafeiro 11º Senior con 5’42
💙 Juan Alvarellos 10º M40 con 5’54
💙 Juan Luis Botana 12º M40 con 6’01
💙 Roi García 12º M40 con 6’30
💙 Juan Botana 4º en M65 con 6’58
💙 Xavier Rozados 13º senior con 6’58
💙 Bartolomé Balsa 11º M45 con 7’16»
💙 Ivan Abeledo foi baixa por molestias de última hora. 

Nos cativos, ademáis da medalla de Iago, tivemos tamén unha estupenda participación: 

💙 Eric Iglesias 
💙 Antón Monteagudo
💙 Clara López
💙 Africa Gil 
💙 Lucía Taboada
💙 Marcos Barcala que tamén estivo a tarde anterior axudando ao Millaraio nos 2000 Marcha
💙 Paula Fernández 4º posto con 3’23»
💙 Diego Muñiz 18º con 3’47»
💙 Ian Torres 18º con 3’43» 

O fin de semana do 19 e 20 tampouco paramos, os máis cativos estiveron o Domingo na vila de Noia para disputar o campionato de Galicia de aire libre Sub 12 e os máis veteráns estiveron en Málaga

A de Noia foi unha xornada marcada polo mal tempo na que os cativos tiveron que correr incluso baixo o granizo 

💙 Marcos Barcala participou na proba de 1000 metros cun bo rexistro e sendo terceiro clasificado da súa serie. 
💙 Lucía Taboada, Clara López e Africa Gil tamén participaron nos 1000 metros con fantásticos rexistros. 

Foi un ano complicado para os cativos, en donde moitos dos nosos atletiñas intentaron participar cada fin de semana nas probas e campionatos existentes para divertirse, desprazándose para elo incluso ao Barco de Valdeorras. Pero a escasez de instalacións axeitadas solo nos permitía participar con 3 atletas neste campionato

Xa con distinta temperatura, participaron en Málaga os nosos atletas clasificados para o campionato de España Máster, se xa estar presentes era un premio meritorio, os nosos deixaron pegada da sua participación na moderna pista Andaluza

💙 Damián Espasandín participou o Sábado nos 400 metros, nunha xornada marcada polo vento en contrameta, estivo preto da súa mellor marca para entrar terceiro na serie B. 

💙 Amador Pena tomou partida nos 800, participaba na serie A con idea de mellorar a súa marca, a proba realentizouse no paso polos 200 e decidiu atacar, pagandoo nos últimos metros e lonxe da sua mellor marca. 

Primeira participación do noso equipo nun campionato de España que abofé será o primeiro de moitos

Este último fin de semana tivemos a Paula Fernández en Vigo quedando subcampiona de Galicia 1000 Obstáculos con 3’39»

E o Domingo en Fieiteira, Ribeira, nova mellora de marca para Yago, nada menos que 8 carreiras de 600 metros seguidas mellorando o seu rexistro dende fai pouco máis dun ano

Como vedes, non paramos e xa estamos preparados para comezar Xullo, e co mes novo veñen competicións e retos novos. Comeza o próximo fin de semana cun reto a altura de moi poucos

The Speed Project estase a cocer na Costa da Morte!

Non sabedes de qué estamos falando? Tedes toda a información aquí Estade atentos/as as nosas redes sociais para non perder ao minuto todas as noticias desta grande aventura!

Categorías
Uncategorized

Presentación

O 19 de Novembro do 19 foi a presentación da nova Sociedade Deportiva Compostela Atletismo, unha nova sección de atletismo dentro do SD Compostela, xa fundada no ano 68.

Esta sección comezou presidida por Eva de la Fuente e con Amador Pena como director deportivo.

Retomouse así unha tradición, a do escudo do Compostela vestindo os equipamentos dun equipo de atletismo. 

A SD Compostela Atletismo arrincou como tal o 1 de xaneiro do 2020 coincidindo co inicio do curso atlético, aínda que xa tivo algunha competición con escolares no 2019. Fundouse coa idea de abarcar todas as disciplinas atléticas e na actualidad xa está presente en numerosas categorías e modalidades.

O club está aberto a recibir atletas de tódalas idades, dende os máis pequenos da casa ata os veteranos. En todas estas idades compiten a nivel local e comarcal, pero tamén a nivel autonómico, nacional e mesmo internacional.

“Outras entidades están a mostrarnos o seu ánimo, valorando a aposta do Compos para retomar esta sección. Iso dános aínda máis gañas de levar este proxecto adiante” Amador Pena.

A ilusión é enorme e mesmo outros clubs e empresas da cidade xa mostraron o seu apoio a esta iniciativa. 

Neste acto histórico de presentación, ademáis de ambos presidentes e do director deportivo, estiveron tamén presentes Ramón Castro, director das relacións institucionais do Compos, José Arufe e Gerardo Cachafeiro, atletas históricos da anterior sección de atletismo do Compos, e Xosé María Rodríguez, histórico fiel seguidor branquiazul e corredor especialista en carreiras de montaña, que pasará a formar parte do club como directivo e atleta.

Podedes ver o vídeo de presentación aquí

Non esquezades pasar polas nosas RRSS para estar ao día dos nosos eventos e para non perdervos ningún dos diferentes sorteos que facemos!