Categorías
Uncategorized

PLOGGING

Os nosos deportistas son ploggers xa que o pasado sábado practicaron Plogging, ¿non sabes o que é?

A palabra Plogging ven da unión da palabra inglesa “jogging” (exercicio físico que consiste en correr unha distancia longa a un ritmo moderado e constante) e da expresión sueca “plocka upp” (que se traduce como “recoller”). 

Os deportistas de Plogging conocense como ploggers.

Naceu como unha actividade organizada en Estocolmo, Suecia, e terminou extendéndose a outros países dende o ano 2018.

O Plogging é unha práctica que combina o exercicio ao aire libre coa recollida de residuos. Noutras palabras, tratase de aproveitar calquer actividade física ao aire libre para recoller desperdicios que se encontran nas praias, montañas ou as propias cidades.

Esto permitíu que deportes como o senderismo, o running, o kayak, o buceo, o paddle surf, o snorkel, o trail, o ciclismo, o esquí ou o parkour, empecen a incluir os primeiros ploggers nas sus filas.

O movemento de agacharse a recoller e volver a levantarse (sentadilla) é unha excelente forma de traballar a tonificación de glúteos e pernas. Ademáis, podense introducir todo tipo de exercicios físicos durante o recorrido para que a experiencia deportiva sexa completa. 

Ao mesmo tempo que aportamos un beneficio físico e saludable, estamos proporcionando un beneficio directo ao medio ambiente. Ao recoller os residuos estamos reducindo e evitando a contaminación do solo, cidades, ríos, mares e océanos. 

En definitiva, adoptar este novo estilo de vida benefícianos a todos. Tendo en conta que en España uns 4 millóns de persoas practican senderismo de forma regular e un 33% da poboación sae a correr máis de 3 días por semana, aproveitar esas saidas para practicar plogging durante o percorrido podería significar un cambio radical no estado do noso entorno en moi pouco tempo.

En resumo, un grande sábado de deporte de actividade deportiva, kilómetros camiñando por area, sentadillas para recoller gabichas e residuos plásticos de todo tipo, xunto cos amigos do Atletismo Deza, xuntamos unha morea de xente para botar unha man ao noso planeta.


Gracias a todos por tan fantástica labor.

“Mira en la naturaleza, y entonces lo entenderás mejor.”

Albert Einstein, físico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *