Categorías
Uncategorized

Entrevista a Jose Sandá

  • Comecemos polo principio imos ir a raíz da idea, ¿a quen se lle ocorreu? E ¿que foi o primeiro que pensaches cando cho propuxeron?
  • Ocorreuselle a Amador. Eu sempre tiven as ganas de facer esa ruta, de feito xa fixera algún tramo corrrendo e cando mo comentou eu dixen… Apúntome! 
  • Unha vez aceptado o reto e llo contactes aos teus familiares e amigos ¿Que che dixeron? E cando llo contestes aos compañeiros de equipo, ¿Como o tomaron?
  • Os meus amigos dinme que estou tolo! e os compañeiros de equipo  dinme que é un reto moi bonito e que nós imos a conseguilo. 
  • O importante destos retos e a motivación persoal pero ¿tiñades algunha outra motivación de fondo? Quizáis algunha asocioación benefica ou algún patrocinador. E, no teu caso, ¿que te motivou a facelo? ¿Tomachelo máis como un reto individual ou colectivo?
  • Eu non tiña ningunha motivación en especial, aínda que pensaba que non estaba preparado  para esas distancias. O que si tiña claro era que se Amador me dicía de facelo era por que confiaba en min e entón tomeino como un reto colectivo como equipo xa que tiña ganas facer algo grande de forma grupal por ter moi boa relación cos compañeiros..
  • Imaxino que a organización dun evento destas dimensións non é fácil, non falo só de elexir data ou de repartir os tramos, tamén da preparación a nivel físico, mental e de alimentación. ¿Seguiches algunha estratexia específica?
  • A organizacion estivo moito en mans do mister pero é certo que eu fun nos tempos libres a recoñecer os tramos. O meu maior medo era perderme xa que sabía que a sinalización era escasa.
  • Unha vez chegado o día e te ves en Malpica, de noite, e tes que saír no medio da oscuridade por un terreo inestable e maiormente descoñecido ¿Que se che pasa pola cabeza? 
  • Si, cando chegei a Malpica non me atopaba moi ben, ese día, de feito tomei un paracetamol.. Doíame o corpo e estaba nervioso… Dixen eu “para donde carallo imos” pero tras o primeiro tramo as sensacións foron boas.
  • Según iades avanzando o cansancio íase apoderando de vos, iso quizáis fixo que te olvidaras da motivación inicial e chegara a frustación ¿En algún momento pensaches en deixalo? Ou en algún momento sentiches que o corpo respondía pero a mente non, ou ao revés? De ser así, ¿como recuperaches a motivación?
  • Na metade do traxecto máis que cansancio muscular o que pesaba era o feito de non durmir e saber que faltaba un día enteiro por diante. Por iso apoíabame nos compañeiros que animaban e nos dicían que eso xa estaba feito, mais eu sabía que non era verdade.. Pero non son unha persona de tirar a toalla, aprendín a sufrir cos adestramentos.
  • Aínda que só corriades cinco atletas, había compañeiros de equipo e amigos apoiandovos, algúns presencialmente e outros a través das redes sociais. ¿Notabades ese apollo cando estabas sós subindo una costa ou no medio dunha praia?
  • Notouse moito o apoio dos compañeiros que estiveron con nós no reto.. Xa que te animaban con risas, palabras motivadoras e movían os coches para trasladarnos e incluso nos buscaban onde se situaba o seguinte relevo… Detalles que axudan moito cando a un lle quedan poucos folgos. 
  • Todos sodes grandes deportistas e seguro que tivestes que afrontar retos moi esixentes nas vosas carreiras pero ¿Algún similar a este anteriormente?
  • Non, eu reto coma este nunca o afrontei xa que dependía de máis xente e non tiña “volta atrás” ..sentía a responsabilidade a nivel equipo de non fallarlle aos meus compañeiros. 
  • Dende logo que a experiencia non a ides olvidar e cada un de vos se quedará con pequenas anedotas que non esqueceredes, tanto boas como non tan boas ¿Que foi o mellor? ¿e o que cambiarias? 
  • Os mellores momentos foron os tramos da noite..e as chegadas a dar o relevo xa que todos te recibían con moito apoio..eu non cambiaría nada.
  • E por último, ¿Con que te quedas? ¿Que foi para ti a maior aprendizaxe desde reto?
  • A miña aprendizaxe foi relativa á importancia do estado anímico e da positividade dun grupo , así como de un mesmo, para afrontar os retos, tanto deportivos como na vida persoal.

2 respostas en “Entrevista a Jose Sandá”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *