Categorías
Uncategorized

Presentación

O 19 de Novembro do 19 foi a presentación da nova Sociedade Deportiva Compostela Atletismo, unha nova sección de atletismo dentro do SD Compostela, xa fundada no ano 68.

Esta sección comezou presidida por Eva de la Fuente e con Amador Pena como director deportivo.

Retomouse así unha tradición, a do escudo do Compostela vestindo os equipamentos dun equipo de atletismo. 

A SD Compostela Atletismo arrincou como tal o 1 de xaneiro do 2020 coincidindo co inicio do curso atlético, aínda que xa tivo algunha competición con escolares no 2019. Fundouse coa idea de abarcar todas as disciplinas atléticas e na actualidad xa está presente en numerosas categorías e modalidades.

O club está aberto a recibir atletas de tódalas idades, dende os máis pequenos da casa ata os veteranos. En todas estas idades compiten a nivel local e comarcal, pero tamén a nivel autonómico, nacional e mesmo internacional.

“Outras entidades están a mostrarnos o seu ánimo, valorando a aposta do Compos para retomar esta sección. Iso dános aínda máis gañas de levar este proxecto adiante” Amador Pena.

A ilusión é enorme e mesmo outros clubs e empresas da cidade xa mostraron o seu apoio a esta iniciativa. 

Neste acto histórico de presentación, ademáis de ambos presidentes e do director deportivo, estiveron tamén presentes Ramón Castro, director das relacións institucionais do Compos, José Arufe e Gerardo Cachafeiro, atletas históricos da anterior sección de atletismo do Compos, e Xosé María Rodríguez, histórico fiel seguidor branquiazul e corredor especialista en carreiras de montaña, que pasará a formar parte do club como directivo e atleta.

Podedes ver o vídeo de presentación aquí

Non esquezades pasar polas nosas RRSS para estar ao día dos nosos eventos e para non perdervos ningún dos diferentes sorteos que facemos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *