Categorías
Uncategorized

Campeonato de Galicia de Campo a través

O 7 de novembro celebrouse en Pontevedra, na Illa das Esculturas, o III Campionato de Galicia de Campo a Través por Relevos Mixto, e absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a través por Equipos Masculino e Feminino.

Como xa vos contamos no post anterior, os nosos atletas desprazaronse ata alí nunha fría mañá para correr por un céspede conxelado, aínda así acadaron impresionantes resultados! Tan bos que acabamos de enterarnos que os integrantes do equipo masculino están clasificados para o campionato de España! 🤍💙

Por aquí vos deixamos as fotos dese grandísimo día!

💙🤍Forza Compos !🤍💙

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *