Categorías
Uncategorized

Eventos Outubro


Rematou otro mes, e… qué mes! Estivo cargado de carreiras e eventos!
A SD Compostela Atletismo comezou gañando a carreira da Amaia nunha tarde nada apacible en Brión. O Compos sacou todo o seu esplendor e levouse a victoria por equipos por diante do Sar Petroni e do Brión hyupersa, sobre un circuito renovado de 5kms máis rápido que o de anteriores edicións.
💙 En pouco máis de 15 minutos chegou o gañador absoluto da proba, o Compostelanista Nuno Costa
Acompañárono nos primeiros postos 🤍 Amador Pena 4º absoluto e 💙Jordi Carrasco 6º. Todos eles gañadores nas súas respectivas categorías. 
Tamén entraron dentro dos seis primeiros atletas que computaban para a clasificación por equipos, 🤍Damián Espasandín que foi 12º, 💙Emilio García 14º e 🤍Iván Abeledo 16º, os cales tamén gañaron nas súas categorías de idade.

Por detrás en orde de chegada tivemos tamén a 💙Borja Cardesín🤍Jose Antonio Figueira, 💙Laureano Varela, 🤍Javier Rozados e 💙Bartolomé Balsa, gran animador da proba. 

Xa nas categorías menores comezamos polos máis adultos, coa victoria de Yago Iglesias desexando participar na proba absoluta o cal a federación non lle permitiu, cubriu os 2 kms da proba en pouco máis de 6 minutos para levarse unha cómoda vitoria.

Tamén en Sub16 resultou vencedora Julia Salvado, no seu debut coas cores azul e branca 💙🤍

Na categoría Sub12 tivemos nas primeiras posicións a:
💙 Lucía Taboada 
🤍Marcos Barcala
💙 Africa Gil
🤍Xoel Otero
💙Iara Torres
🤍Hugo García
💙Ariana Iglesias

En sub 10 participaron:
💙 Antón Monteagudo
🤍 Anxo Vieiro

En Sub 8 subiron ao caixón
💙Alex Pena 
🤍Ramón Monteagudo
💙 Alvaro Couselo
🤍Daniela Gil
💙Clayton García
🤍Izan Parrado 
💙Aldán Vieiro

A fin de semana competitiva todavía non remataría, aínda coa mel da victoria nos beizos, algúns quixeron dobrar competición e secar a humidade de Brión cun radiante sol asistindo aos 10k de Coruña o Domingo pola mañá. 

Se Nuno acadou a victoria o Sábado en Brión, o Domingo mantivo un altísimo nivel, baixando de 30′ para facer un 5º posto absoluto.

Outro dos que dobraba carreira era Amador, pero a este si lle pasou factura a carreira de Brión, e a partir do km7 adicouse máis a axudar a algún compañeiro.
Gran carreira preto da sua MMP para 💙 Cristian Muiño, que con 32’30» sería 16º. 
Tamén tivemos na Coruña 10k con moitas melloras de marcas e fantásticos resultados a : 
🤍Jose Sanda en 35’42» 
💙Castiñeiras con 37’01» 
🤍 Martin Abelenda 37’08» 
💙 Elena Veres con 44’50» 
🤍 Nuria Mejuto 48’49» 
💙 Sonia Villar 53’43»
Tamen dobrou participación Jordi Carrasco entre Brión e os 15k do Atlántico entre Oia e A Garda, donde acadou un meritorio 4º posto absoluto e 1º de categoría.


Fantástica fin de semana para os nosos que continuou coa festa das carreiras en Tordoia, Lalín, Ribeira Sacra, Cangas e de ruta ecolóxica por Lugo! 

O seguinte Sábado pola tarde Tordoia recuperaba a sua fermosa carreira, pasando a carón do Dolmen de Cabaleiros, alí tivemos na proba absoluta a: 

💙 Brais Pérez que foi 5º senior e 17º absoluto. 
🤍 Gerardo Cachafeiro, 6º senior e 23º absoluto. 
💙 Francisco Javier López que debutaba e ocuparía a posición 179. 

Nos cativos participaron en Sub 16: 💙 Julia Salvado que sería 2ª clasificada e en sub 12 tivemos a : 
💙 Lucía Taboada que foi 5ª
🤍 Xoel Otero 11º 
💙 Lucía Castro 12ª

Ese Domingo viaxamos a terras do Deza para participar na XI edición da carreira do cocido de Lalín. Moito frío e dúas distancias para entrar en calor, na versión longa de 10k tivemos a: 
💙 Jose Sandá que foi 1º en M35 
🤍 Manu Castiñeiras 3º en M35
💙 Silvia Fernández 2ª M35 
🤍 Laureano Varela 16º M45
💙 Nuria Mejuto 4ª senior
🤍 Maria Limeres 5ª senior
💙 Bartolomé Balsa 23º M45

En 5k tivemos a: 
💙 Roi García 4º M35
🤍 Juan Botana 1º M65
💙 Javier Prado 6º M35
🤍 Francisco Pena 3º M65

En Sub 16 os nosos representantes vencerían en cadansua categoría:
Julia Salvado 💙
Yago Iglesias 🤍

En Sub12 tivemos a 💙 Ariana iglesias 5ª. 

Ese mesmo finde, na modalidade Trail e Campo a través:

💙 Javier de Dios participou o Domingo no trail da Ribeira Sacra, distancia de 24kms, correndo en postos díanteiros gran parte da proba ata que nos últimos kms tivo a vistia do home do mazo para rematar 44º na xeral. 

🤍 Sindo estivo no V cross Cabo Udra, tamén entre os primeiros durante a maior parte da proba ata que unha molestia no últimos kms o afastou ata a posición 12ª. 

Tamén tivemos a dous dos nosos nunha actividade distinta pero igual de importante que o deporte, coñecendo de primeira man empresas do selo ecolóxico CRAEGA.
💙 Antón Ruanova e 🤍 Amador Pena foron convidados por Slowfood Compostela que organizou unhas xornadas neste caso en Lugo sobre a importancia de consumir alimentos ecolóxicos e de cercanía.

A seguinte foi outra fin de semana de exitos!

💙🤍NUNO COSTA VENCE NA “ MM RUTA DE LA RECONQUISTA” CON RÉCORD DA PROBA🤍

O noso atleta Nuno Costa segue a desmostrar o seu gran estado de forma en Cangas de Onís, xa non solo polo triunfo nesta fermosa proba, se non por bater o récord, en mans dun ausente nesta edición, o Leonés Sergio Sánchez. O tempo de Nuno na subida e baixada ao Santuario da Virxe de Covadonga foi de 1h06’05”.

Xa o Domingo e baixo un calor e humidade non habituais para esta época do ano, o cal pasou factura a moitos dos participantes, disputouse a Media Maratón de Pontevedra e os 10k, distancias nesta ocasión non homologadas que ao parecer excederon nalgúns metros as distancias orixinais. 

Na Media Maratón tivemos a: 

💙Jordi Carrasco que parou o crono en 1h13’ 
🤍Martin Abelenda con 1h21’ 
💙Javier de Dios fixo 1h23’
🤍Borja Cardesín 1h27’
💙Fran Méndez 1h29’
🤍Manu Castiñeiras 1h29’
💙Segundo Dominguez 1h41’ 

Na distancia dos 10k participarían: 

💙Iván Abeledo con 37’20”
🤍Gerardo Cachafeiro con 37’28”
💙Maria Limeres con 48’18”
🤍Juan Botana con 48’33”
💙Nuria Mejuto con 50’49” 
🤍Alvaro Rodríguez con 52’51”

💙🤍 José Sandá estivo na carreira do Corgo en donde foi 5° absoluto.
💙 Carreira na que tamén participou Brais Sandá.

Tamén en Pontevedra pero sobre a pista de tartán e nos 400 metros, tivemos a: 

💙Emilio García cun crono de 58.70 na proba “ Honrando aos medallistas de 1921 copa Manuel Amigo” que conmemoraba as medallas Galegas acadadas no campionato de España de pista de dito ano, celebrado en Coia. 

A seguinte foi unha fin de semana máis relaxada… Non había moita carreira pola zona e mandamos a: 

💙 Nuria Mejuto aos 10k homologados de Bilbao Night para facer marca persoal parando o crono en 46’47»

🤍 Máis pretiño de Compostela, concretamente en Marín, na xa tradicional Pinga Pinga, tivemos a Emilio García no posto 13º da xeral, sendo segundo en Master B. 

💙 Javier De Dios estivo nos 15k Nocturnos de Ourense, obtendo o 3º posto de categoría senior e 10º na xeral absoluta. 

E finalizamos Outubro como tiña que ser, correndo a Pedestre de Santiago.

A hora de sempre e no sitio de sempre coa compaña de moitos dos de sempre, varias ducias de atletas percorreron os xa clásicos 12kms ata o Obradoiro.

Tódalas cidades xa recuperaron as suas probas máis emblemáticas, Lugo, Pontevedra, Coruña, Vigo e dentro duns días estaremos na San Martiño de Ourense, pero Santiago, unha vez máis, pasará outro ano sen Pedestre, outro ano sen CorreSan e outro ano sen os eventos deportivos que merece e merecemos…

A falta de Pedestre oficial, tivemos que tirar de pista e de Trail para competir: 

💙Jose Sanda e 🤍Juanito estiveron no trail de Portalen en Pontevedra, acompañados por Nano
💙Jose clasificou 6º no trail curto de 15kms e 🤍Juanito sería o 14º no trail longo de 25kms. 

No trofeo aniversario da Escola Atlética Ben cho shey de Ourense estivo nos 3000 metros💙 Javier de Dios que sería 2º clasificado cun rexistro de 10:03. 

Outro mes máis sumando variedade de kms e xa listos para competir este Novembro nun montón de probas por toda a península xa que comenzamos tendo atletas en Porto, Madrid e como non, no Campionato de Galicia de clubs de campo a través, con equipo Sub20, Absoluto masculino e Relevos mixto.

💙🤍Forza Compos !🤍💙

sdcompostela_atletismoOutro dos que dobraba carreira era Amador, pero a este si lle pasou factura a carreira de Brión, e a partir do km7 axudou a algún compañeiro. 🚑
🔝Gran carreira preto da sua MMP para 
💙 Cristian Muiño, que con 32’30» sería 16º. 
⏱️ Tamén tivemos na Coruña 10 con moitas melloras de marcas e fantásticos resultados a : 
🤍Jose Sanda en 35’42» 
💙Castiñeiras con 37’01» 
🤍 Martin Abelenda 37’08» 
💙 Elena Veres con 44’50» 
🤍 Nuria Mejuto 48’49» 
💙 Sonia Villar 53’43»
😳 Tamen dobrou participación Jordi Carrasco entre Brión e os 15k do Atlántico entre Oia e A Garda, donde acadou un meritorio 4º posto absoluto e 1º de categoría. 👏👏
▶️ Fantástica fin de semana para os nosos que continuarán coa festa das carreiras en Tordoia e Lalín entre outras ▶️
💙🤍Forza Compos 💙🤍

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *